Gabriel Marcelli, do Teo, tras lograr o título de Campión de España de Trial Júnior no 2015, estreábase na categoría de TR2 logrando o segundo posto da clasificación. Outros galegos que participaron nesta proba do nacional foron: Alén Damíl que finalizou na una sexta posición da categoría Júnior e Yago Armesto que foi sétimo entre os cadetes.
A seguinte proba do Nacional de Trial será en Mallorca o 28 de febreiro e, nesta cita, Riobó tentará manter as súas boas prestacións da primeira proba e, deste xeito, adquirir unha cómoda renda dende as primeiras citas da tempada.