• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 29 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    UVigo Motorsport traballará na construción dun coche totalmente autónomo para 2021

    O equipo volverá á competición Formula Student co novo monopraza, o UM20, e máis de 70 persoas participan no proceso de selección
    Redacción por Redacción
    29 de Oct, 2019
    en Motor
    0
    UVigo Motorsport traballará na construción dun coche totalmente autónomo para 2021

    O proxecto automobilístico dos estudantes da Universidade de Vigo inicia unha nova tempada que incluirá novos membros con novos coñecementos, aptitudes e moita ilusión, xuntos traballarán para deseñar e fabricar o seu novo monopraza. O seu obxectivo é que o UM20 teña maiores prestacións que o seu antecesor para acadar mellores postos no Formula Student, unha das competicións universitarias máis importantes do mundo. A isto súmase unha nova meta, xa que en 2021 os monoprazas terán que competir nunha das probas de forma totalmente autónoma, polo que o equipo vigués comeza xa a traballar en paralelo nos desenvolvementos necesarios para o UM21.

    Proceso de selección pechado
    A familia UVigo Motorsport non para de medrar e este ano máis de 75 persoas presentaron a súa candidatura para converterse en novos integrantes do equipo. O 5 de outubro era a data límite para participar no proceso de selección, que estaba aberto para todo o alumnado matriculado na Universidade e a acollida foi moi boa. Se o ano pasado era Belas Artes a nova titulación que se incorporaba, este ano parece que os alumnos da Escola Superior de Enxeñería Informática tamén queren aportar o seu gran de area no proxecto. A comezos do mes de novembro coñeceranse os membros do novo equipo, dos que 16 se manteñen da tempada pasada.

    O alumnado veterano será o encargado de formar aos seus novos compañeiros, que ademais participarán en cursos de formación en deseño asistido por ordenador, análise de circuítos eléctricos, manipulación de programas de simulación e deseño, entre outros. Unha das principais novidades deste ano será a creación dunha delegación satélite no campus de Ourense, que traballará de forma telemática co de Vigo, onde se desenvolverá o novo monopraza. Con este cambio buscan que o proxecto sexa parte de toda a Universidade “creando así unha gran familia entre as diferentes ramas que a compoñen”, sinala Manuel Diz, o xerente do equipo.

    Novos retos para a temporada 2019/2020
    Diz afirma que este ano terán que estudar o futuro das tecnoloxías emerxentes que estarán no mercado nos próximos anos. “Seguindo o novo enfoque da competición de Formula Student, estamos comezando a desenvolver os sistemas necesarios para dar o salto ao coche autónomo”, apunta. Neste curso ademais da construción do próximo monopraza, o UM20, tamén terán que comezar a expoñer o que será a parte autónoma do UM21, “o que converte esta tempada nun reto aínda maior se falamos dun sistema totalmente novo para nós no que teremos que empregar gran cantidade de tempo e esforzo”. No 2021 todos os monoprazas que disputan o Formula Student terán que competir nunha das probas de forma totalmente autónoma. Para a realización destas tarefas , o equipo universitario estreará este ano un novo departamento que se encargará especificamente desta nova tecnoloxía. Para a creación deste órgano buscaranse perfís de estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e da Escola de Enxeñería Industrial, concretamente no ámbito da electrónica e automática.

    Nesta tempada tamén tentarán mellorar os resultados no circuíto de Montmeló, o seu Grand Prix, onde o ano pasado conseguiron o 9º posto na proba Enduranc. No 2020 queren superar esta marca e centrarán no circuíto español os seus obxectivos máis ambiciosos. Polo momento aínda non teñen claros os outros circuítos nos que participarán. Tras algunhas dificultades coa planificación na tempada pasada, este ano “queremos desenvolver as actividades nun plano temporal máis reducido, conseguindo acurtar o tempo de fabricación do chasis que non sería posible sen a colaboración da empresa Coasa”, afirma Manuel Diz.

    Os patrocinadores aumentan en función das necesidades do proxecto
    Neste proxecto automobilístico estudantil colaboran diversos patrocinadores que lles permiten realizar diferentes actividades nas súas instalacións, ademais de cederlles materiais ou asesoralos na construción do monopraza. O equipo sempre está aberto a aumentar patrocinadores pero sempre en función das necesidades do proxecto. “A principios de ano, cando establecemos os obxectivos e os cambios que queremos implementar no monopraza, realizamos un estudo de necesidades para saber que empresas poden encaixar”, comenta Diz.

    43

    RelacionadosArtículos

    Alquileres más caros que en el mercado libre, la denuncia de la Xunta sobre las viviendas de Casa 47 en Vigo
    Local

    Alquileres más caros que en el mercado libre, la denuncia de la Xunta sobre las viviendas de Casa 47 en Vigo

    28 de Ene, 2026
    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio
    Ponteareas

    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio

    28 de Ene, 2026
    Barrio do Cura va más allá de las viviendas de lujo: la nueva escuela infantil tendrá una planta y cubierta ajardinada
    Local

    Barrio do Cura va más allá de las viviendas de lujo: la nueva escuela infantil tendrá una planta y cubierta ajardinada

    28 de Ene, 2026
    Fallece a los 55 años la viguesa Susi Seoane, «ejemplo de lucha, dignidad y compromiso» con la ELA
    Nigrán

    Fallece a los 55 años la viguesa Susi Seoane, «ejemplo de lucha, dignidad y compromiso» con la ELA

    28 de Ene, 2026
    La Xunta urge al Concello de Vigo la entrega de los viales de la ETEA para su urbanización
    Local

    Vigo valida el convenio de la ETEA ocho meses después de obtener el visto bueno de la Xunta

    28 de Ene, 2026
    Local

    La competición oficial de drones en interior transformará A Laxe con un innovador espectáculo

    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Concierto solidario de la Coral Casablanca
    Más Vigo

    Concierto solidario de la Coral Casablanca

    Es preciso darle amplia difusión al concierto solidario que ha organizado la Coral Casablanca, de Vigo. La gala será a...

    por Julio Alonso
    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo
    Libros

    Antolín Alcántara rinde tributo a la memoria colectiva en Évame Oroza

    La literatura gallega vuelve a citarse con la historia reciente en el corazón de Vigo. Este 28 de enero, a...

    por Redacción
    27 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR