Na segunda xornada, disputada o domingo, Casales finalizou na 7ª posición. O vigués dedicoulle este grande éxito a outro motociclista galego, o moañés Dani Rivas, que faleceu a pasada semana nun tráxico accidente no circuíto estadounidense de Laguna Seca. «Un gran día el de hoy, que va dedicado a ti, amigo! Siempre estarás con nosotros #always #danirivas7». escribiu na súa conta de Facebook.
Jorge Casales demostrou en EEUU estar completamente recuperado da lesión que sufriu no pé esquerdo ao comezo da tempada en Motegi (Xapón) e que o obrigou a perderse as citas de República Checa, Suecia e Inglaterra. O vigués reapareceu o pasado mes de xuño en Francia, onde sumou un total de 15 puntos entre as dúas xornadas.
O Mundial retomarase no mes de setembro coas probas que se disputarán en Portugal os días 5 e 6 de setembro e a última en Galicia os días 12 e 13 de setembro, concretamente na localidade de Teo, na que a afección galega terá a oportunidade de animar e ver en acción nunha proba do Mundial ao mellor piloto galego de Trial de todos os tempos.