Despois de lograr o mellor tempo nos adestramentos cronometrados do sábado, Rubén Fernández vencía con autoridade a 1º manga que se disputou ese mesmo día. Resultado que repetiu o domingo tras vencer a 2ª manga. Nas catro probas que se levan disputadas na Copa de España MX125, Rubén logrou a vitoria no total das oito mangas que se celebraron, mostrándose como o claro favorito a lograr unha vez mais o título de vencedor na Copa de España desta categoría, que acadara nas dúas tempadas anteriores.
Nesta ocasión acompañouno no podio da clasificación final da proba outro vigués que participaba por primeira vez na Copa de España MX125, Joel Antón, que acadou o 3º posto da clasificación final tras acabar 4º na primeira manga e 2º na última.