O alcalde de Vigo participou este martes na presentación do Salón Retro Galicia que inicia este venres a súa sétima edición no recinto feiral de Vigo. Con un espazo de 17.000 m2, a feira galega do vehículo clásico e de época renderá unha homenaxe especial a Ferrari, polo seu 70 aniversario. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes o organizador, José Enrique Elvira, e o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto.
esta edición, os asistentes que se acheguen ao Ifevi en coches ou motos clásicas contará un aparcamento gratuíto, cuberto e vixiado e o número de expositores roldará os 80 mentres que serán preto de 200 os vehículos en exhibición.
Segundo se detallou, a feira contará cunha colección de máis dunha vintena de deportivos italianos, entre os que destaca un Ferrari 250 GTO Alegretti ou un Daytona Cabrio que, cedida por propietarios particulares de Galicia, será o gran atractivo desta edición.
O Salón tamén ofrecerá múltiples actividades ao longo de toda a fin de semana, destacando o sábado unha concentración de Ferrari e outra de superdeportivos GT. Tamén se organizará o XI Rally de Primavera, coa posterior exposición dos coches participantes.