O campionato, presentado este martes coa participación do concelleiro Ángel Rivas, é a primeira vez que conta con tres probas. O campión sae dos dous mellores resultados «polo que os máis importantes pilotos estarán presentes en Vigo», apuntou Alberto Alonso, responsable do Club Automodelista Vigués.
Alonso destacou a calidade dos pilotos e explicou que o xoves e o venres serán os adestramentos libres e cronometrados, respectivamente, mentres que o sábado celebraranse as probas clasificatorias e o domingo as finais. «É un espectáculo de gran nivel ao que convidamos a todos os vigueses, afeccionados ou non», salientou Alonso, que agradeceu ao Concello e aos patrocionadores a súa colaboración «xa que sen eles sería imposible».
Os organizadores anunciaron ademais que están a traballar para conseguir traer en xullo outro campionato europeo «xa que no verán estamos seguros de que o impacto turístico será moito maior e estarán a desexar vir á cidade con todas as súas familias».