A grave lesión que sufrira nun adestramento no mes de xullo non foi impedimento para lograr o seu cuarto título nacional consecutivo tras vencer na Copa Nacional de Trial Xuvenil en 2012 e 2013 e na Copa Nacional de Trial Cadete na pasada tempada 2014.
Outro galego que participou no Campionato de España de Trial Júnior foi Alen Damil, que nesta última proba finalizou na 9º posición e remata 8º na clasificación final do Campionato.
Mentres que na categoría absoluta, o galego Jorge Casales finalizaba 8º na clasificación desta última proba e na 6ª posición na clasificación final do Campionato.