Este curso desenvolverase en dúas xornadas, o venres 28 de setembro de 16:00 a 20:00 horas para abordar os contidos teóricos básicos, e o sábado 29 de 10:00 a 14:00 horas para por en práctica as ensinanzas teóricas nun tramo de probas, con piloto e instructores.
O curso dispón dun total de 16 prazas e está dirixido a empradoados en Nigrán con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Estas prazas cubriranse por orde de inscrición reservando sempre un 50% para mulleres e o outro 50% para homes.
As persoas interesadas poderán inscribirse dende o día 12 ata o día 25 de setembro, para o que deberán descargar o formulario de inscrición da páxina do Facebook Concello de Nigrán e envialo ao enderezo omixnigran@nigran.org xunto cunha copia do DNI e autorización da nai, pai ou persoa responsable da ou do menor (necesaria únicamente para persoas de 16 a 17 anos). En caso de non dispoñer de Facebook, o interesado pode solicitar a documentación tamén a través do mail omixnigran@nigran.org. Para mais información, poden dirixirse aos teléfonos 986 383 081-661 377 343 ou no mencionado correo electrónico.