A nivel nacional destacar a vitoria lograda polo galego Isidoro Martínez no Trofeo Nacional Máster o segundo día de carreira, despois do 4º posto que lograra o sábado. Ademais foi o vencedor do Trofeo Galego nesta categoría os dous días.
No Trofeo Galego de Enduro Senior B 2 tempos o vencedor foi Daniel Gonzalez Castro, que tamén participaba no Trofeo Nacional da mesma categoría, no que finalizou 7º os dous días. O sábado o segundo posto nesta categoría foi para Hugo Rodríguez e o terceriro para Juan Carlos Moreiras. Posicións que intercabiaron o domingo.
Na categoría Senior C 2 tempos Alberto Lococo foi o primeiro galego clasificado os dous días, mentres que no Trofeo Nacional finalizaba 7º o sábado e 8º o domingo. A segunda posición no Trofeo Galego desta categoría foi para Marcos Rodríguez o sábado e o domingo para José A. Fdez. Dablanca, quen finalizara na terceira posición o día anterior.
Carlos Giovanni Pérez foi o vencedor no Trofeo Galego de Senior C 4 tempos os dous días de carreira, ademais de finalizar no Trofeo Nacional desa mesma categoría na 6ª posición o sábado e 4º o domingo. Salvador Latas foi segundo no Trofeo Galego nesta categoría o sábado.
Os pilotos do nacional de Enduro nas categorias E1, E2, E3, Júnior Open e 125 c.c. teñen a seguinte cita do nacional coa proba do Mundial de Enduro que se celebra os días 1, 2 e 3 de xullo en Gordexola (Áraba). Pero todas as categorias do nacional volverán a competir na proba do Cto. de España de Enduro que organizá o M.C. Móvete na Moto en Santiago de Compostela os días 17 e 18 de setembro, que tamén e valedeira para o Cto. Galego de Enduro.