14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

motor

A Xunta impartirá en Vigo cursos gratuítos de condución segura de motos

As actividades están dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A que queiran mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente

28 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Motocicleta en Vigo. / Foto: Arquivo Motocicleta en Vigo. / Foto: Arquivo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impartirá novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas as dúas últimas fins de semanas de setembro.

O prazo de inscrición nestas xornadas formativas abrirá o vindeiro 2 de setembro, a partir das 9 horas. No seguinte enlace pódese ampliar a información sobre estas actividades e enviar o correspondente formulario para inscribirse. Estes cursos terán lugar o sábado, 21 de setembro, en Ferrol; o domingo, 22, en Santiago; o sábado, 28, en Vilagarcía de Arousa; e o domingo, 29, en Vigo. 

As actividades están dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A que queiran mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente. Esta edición consta de 160 prazas, polo que en cada localidade celebraranse dous cursos, un pola mañá e outro pola tarde. Cada grupo estará integrado por un máximo duns 20 alumnos co fin de poder ofrecer a formación nunhas condicións óptimas.

A formación constará dunha parte teórica, na que se abordarán asuntos como o equipamento para a protección individual, o estado e mantemento da motocicleta, as situacións de risco como a climatoloxía adversa, as freadas, os xiros ou os adiantamentos.

Os asistentes tamén levarán estes conceptos á práctica coa realización de manobras en parado, accións de axilidade e equilibrio, freadas, traxectorias e un itinerario final que inclúe todos os movementos anteriores. 

A Axencia Galega de Infraestruturas conta coa colaboración da Unión de Moteros Europeos, Pons Seguridad Vial e da Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas para a organización desta iniciativa. O Goberno galego comezou a impartir este tipo de cursos no ano 2017, xa que a seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria, con especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Cómpre lembrar que este ano a Xunta xa impartiu estes cursos en Monforte de Lemos, Lalín, Santiago de Compostela ou Vigo. Estas accións de sensibilización forman parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que engloba un conxunto de medidas e liñas de traballo que teñen como obxectivo reducir a sinistralidade viaria.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos