08122019Dom
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 7pm

Máis de 70 xoias sobre rodas percorrerán este domingo o Condado e A Paradanta

Fords Mustang, Jaguars E-type, Seats 600 ou Citroëns 11 partirán pola mañá de Ponteareas, onde estarán expostos os coches co gallo da concentración de vehículos clásicos e históricos

05 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Celebración da concentración durante o ano pasado. / Foto: Club Clásicos e Históricos do Condado e A Paradanta Celebración da concentración durante o ano pasado. / Foto: Club Clásicos e Históricos do Condado e A Paradanta

A terceira edición da concentración de vehículos clásicos e históricos organizada polo Club Clásicos e Históricos do Condado e da Paradanta chega a Ponteareas este domingo 11 de agosto a partir das 09.00 horas na praza Bugallal, onde se exhibirán máis de setenta coches anteriores ao ano 1989.

Fords Mustang, Jaguars E-type, Seats 600 ou 1430 e Citroëns 11 están entre os modelos e marcas que pasearán polas dúas comarcas para o deleite de todos os condutores e do público en xeral que admirará a mecánica e a estética desta industria nos séculos XIX e XX.

Ás 10:30 horas os motores dos coches clásicos e históricos acenderán para viaxar a Salvaterra, As Neves, Arbo, A Cañiza, Mondariz e Mondariz Balneario onde pararán para xantar e regresarán á praza Bugallal de Ponteareas ás 17:30 horas para exhibir as súas máquinas.

A organización ampliou o prazo para que todos e todas as que o desexen poidan participar nesta concentración, para a que tan só hai que inscribirse nos números de teléfono 649 436 328 ou 690 869 347.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos