19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

O Gran Prix Europeo de Automodelismo reúne en Samil aos mellores pilotos internacionais

O campionato contará entre o venres e o domingo con máis de 60 participantes chegados de todo o continente

12 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Representantes del club, con el concelleiro Ángel Rivas (c.). Representantes del club, con el concelleiro Ángel Rivas (c.).

O circuíto de automodelismo de Samil, renovado integramente o ano pasado, acolle os próximos días 15, 16 e 17 de marzo o Gran Prix Europeo de Automodelismo, EFRA GP Series, ao que acudirán máis de sesenta pilotos de toda Europa.

O campionato, presentado este martes coa participación do concelleiro Ángel Rivas, é a primeira vez que conta con tres probas. O campión sae dos dous mellores resultados "polo que os máis importantes pilotos estarán presentes en Vigo", apuntou Alberto Alonso, responsable do Club Automodelista Vigués.

Alonso destacou a calidade dos pilotos e explicou que o xoves e o venres serán os adestramentos libres e cronometrados, respectivamente, mentres que o sábado celebraranse as probas clasificatorias e o domingo as finais. "É un espectáculo de gran nivel ao que convidamos a todos os vigueses, afeccionados ou non", salientou Alonso, que agradeceu ao Concello e aos patrocionadores a súa colaboración "xa que sen eles sería imposible".

Os organizadores anunciaron ademais que están a traballar para conseguir traer en xullo outro campionato europeo "xa que no verán estamos seguros de que o impacto turístico será moito maior e estarán a desexar vir á cidade con todas as súas familias".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

sanidad

gastronomía

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos