23022019Sáb
Última edición: Sáb, 23 Feb 2019 12pm

Galiexpo Motor Show dedica a súa edición 12+1 á figura de Ángel Nieto

Pablo e Gelete, fillos do piloto falecido, estarán presentes no salón, que ofrecerá actividades para afeccionados do motor, da náutica e animacións infantís

25 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O evento foi presentado este venres. / Foto: Concello de Vigo O evento foi presentado este venres. / Foto: Concello de Vigo

O salón Galiexpo Motor Show celebrará do 1 ao 3 de febreiro no Ifevi a súa decimo terceira edición cunha oferta multidiciplinar -para afeccionados do motor, da náutica e tamén para familias, pois haberá animacións infantís- na que se incluirá unha exposición en memoria da figura de Ángel Nieto. Medio cento de empresas estarán representadas na feira, que ocupará os pavillóns 2 (expositores) e 3 (competición deportiva) do recinto feiral e que terá as entradas a un prezo de seis euros.

A proposta para o público é variada: clásicos, coches de competición, tuning, 4x4 para aventuras, caravaning, quads e motos, sen esquecer a moda, a náutica deportiva e espazos para os nenos e as nenas.

"Somos o único ‘motor show’ que queda vivo neste tipo de salóns", explicou este venres Joaquín Portabales, xerente da feira, que agradeceu o apoio do Concello de Vigo e o do Grupo Salco, patrocinador do campionato internacional de drift, "por vez primeira con oito pilotos".

A organización confirmou que Pablo e Gelete, fillos de Ángel Nieto, estarán en Vigo "porque queren celebrar con nós esta homenaxe que lle queremos brindar ao campión", indicou Portabales. Nieto faleceu no verán de 2017. Aprovéitase este ano por ser a edición 12+1, como o número de títulos mundiais de velocidade).

A presentación do salón, celebrada este venres, tamén contou coa asistencia do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, de Agustín Salinas, xerente do Grupo Salco, e dos pilotos de drift Martín Nos e o luso Marco Martins, quen manifestou que "veño a representar a Portugal e a miña paixón son os coches, polo que vou contribuír a que a festa do drift sexa mellor e máis visible".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

CELTA

vigo

música

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos