18102018Jue
Última edición: Jue, 18 Oct 2018 12pm

motor

Un total de 160 persoas participaron nos cursos gratuítos de condución segura

Esta segunda edición de formación para os motoristas tivo lugar nas últimas fins de semana de setembro en Ferrol, Santiago, Vilagarcía de Arousa e Vigo

06 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Estas actividades están a ter unha gran acollida, polo que continuarán ata 2020, prevéndose impartir ao longo deste período un total 32 novos cursos. / Foto: Xunta Estas actividades están a ter unha gran acollida, polo que continuarán ata 2020, prevéndose impartir ao longo deste período un total 32 novos cursos. / Foto: Xunta

Un total de 160 persoas participaron na segunda edición dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas que impulsou a Xunta o pasado mes. Estas xornadas de formación leváronse a cabo nas últimas fins de semana en Ferrol, Santiago, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade organizou estas actividades formativas por segundo ano consecutivo co fin de fomentar entre este colectivo a importancia da seguridade viaria e contribuír a reducir o risco de accidentes.

Estas actividades están a ter unha gran acollida, polo que terán continuidade ata 2020, prevéndose impartir ao longo deste período un total 32 novos cursos de condución segura de motocicletas.

A Xunta destina a este programa preto de 100.0000 euros e conta coa colaboración da Unión de Moteros Europeos, da Fundación Pons Seguridad Vial e da Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas (ENCM).

A seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria para o Goberno galego, e nesta liña a Consellería de Infraestruturas está a prestar especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Estas medidas compleméntanse con outras dirixidas tamén aos motoristas como a estratexia de eliminación dos treitos existentes de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, nos que se vai a actuar co obxectivo de telos eliminado nesta lexislatura.

Estas accións formativas e de sensibilización forman parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que engloba todo un conxunto de medidas e liñas de traballo coas que se busca reducir ao máximo o número de accidentes de tráfico que se rexistran nas estradas galegas e minimizar as súas consecuencias.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

vigo

  • El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años
    El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años El Olivo de Vigo está en plena forma. Una nueva tomografía encargada por el Concello ha constatado que su estado es “muy bueno” y que casi duplicó su volumen en los últimos cinco años. El árbol más representativo de la…
    Leer más...

sucesos

el tiempo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos