Esta proba, que acollerá a afeccionados das motos de toda Galicia, ten como obxectivo final rematar o percorrido desfrutando da condución en moto, da navegación con rutómetro ou libro de roteiro (roadbook) e dos valores da paisaxe.
As motos do Terras Meigas percorrerán 320 quilómetros en duas etapas, sábado de tarde e domingo de mañá. A inscrición poderá realizarse ata o día 29 de setembro na páxina de Facebook da ruta ou en este enlace.
A organización ten prevista realizar distintas visitas e disporá de puntos para o avituallamento así como de sorpresas inesperadas que fagan da xornada un momento divertido.
Os participantes poderán inscribirse na proba mixta ou na proba 100% asfalto para dar cobertura a distinto tipo de motos. Condución responsable, respeto ao entorno, cumprimento das normativas de tráfico e compañeirismo son algunhas das premisas desta proba para a que se precisarán arredor de catro horas diarias.
Todos os participantes terán un libro de ruta coas indicacións a seguir xunto coa información adicional de lugares recomendados para visitar. Tamén se lles entregará un pasaporte de ruta cos tickets para gozar dos servizos ofrecidos.
Para comprobar que se realizou a ruta estableceránse lugares nos que fotografiarse. A saída realizarase de xeito escalonado en equipos de, como máximo, catro motos para non saturar as estradas e por a proba a orientación dos participantes que terán un horario de saída e uns tempos de paso obrigatorios; tempo suficiente para poder realizar a ruta respectando todas as normas de circulación.
O concello de Ponteareas colaborará con esta proba en materias de seguridade viaria, información turística e guías e detalles institucionais. O goberno local agradeceu esta iniciativa que dará a coñecer o patrimonio natural e histórico ademais de promocionar a gastronomía local e os produtos típicos da cidade.
Máis información no número de teléfono (0034) 677406646 ou no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.