21052019Mar
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

motor

Cursos gratuítos en Ferrol, Santiago, Vilagarcía e Vigo de condución segura de motos

Impártese en dúas quendas, de mañá e tarde, con 20 alumnos en cada unha delas

21 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Motocicleta en Vigo. / Foto: Arquivo Motocicleta en Vigo. / Foto: Arquivo

A Xunta iniciará este fin de semana unha nova edición dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, que comezan este sábado día 22 en Ferrol e o domingo 23 en Santiago. Formación que terán continuidade a seguinte fin de semana do 29 e 30 de setembro, coa celebración destes cursos en Vilagarcía de Arousa e Vigo, respectivamente.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá así continuidade aos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas postos en marcha no 2017, nos que xa participaron 160 persoas, e que teñen como obxectivo educar e sensibilizar na importancia da seguridade viaria e contribuír a reducir o risco de accidentes do colectivo de motoristas.

Nesta nova convocatoria os cursos, de 5 horas de duración cada un deles, desenvolveranse en dúas quendas diarias, en horario de mañá e de tarde, con 20 alumnos en cada unha delas.

Esta actividade de formación e sensibilización tivo unha grande acollida entre o colectivo de motoristas e terá continuidade ata 2020, prevéndose impartir ao longo deste período un total 32 novos cursos de condución segura de motocicletas, que se repartirán en 4 edicións e nos que participarán un total de 640 persoas.

O departamento de Infraestruturas destina a este programa preto de 100.0000 euros, investimento que se destina á posibilitar a celebración destes cursos nos que colabora coa Unión de Moteros Europeos, Fundación Pons Seguridad Vial e a Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas (ENCM).

A seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria para o Goberno galego, e nesta liña a Consellería de Infraestruturas está a prestar especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Estas medidas se completan coa suma doutras accións máis globais, que tamén teñen importantes beneficios para a seguridade do colectivo de motoristas, como a estratexia de eliminación dos treitos existentes de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, nos que se vai a actuar co obxectivo de telos eliminado nesta lexislatura.

Estas accións formativas e de sensibilización forman parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que engloba todo un conxunto de medidas e liñas de traballo coas que se busca reducir ao máximo o número de accidentes de tráfico que se rexistran nas estradas galegas e minimizar as súas consecuencias.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos