14112018Mié
Última edición: Mié, 14 Nov 2018 9am

Nigrán ofrece o seu primeiro curso de 'Copilotaxe de Rallye' destinado á mocidade

É gratuíto e será impartido polo piloto local Ezequiel Salgueiro. O prazo de inscrición comprende dende este mércores ao 25 de setembro

11 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O curso o impartirá Ezequiel Salgueiro. / Foto: CdN O curso o impartirá Ezequiel Salgueiro. / Foto: CdN

O Concello de Nigrán, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza o seu primeiro curso 'Copilotaxe de Rallye', que será impartido polo piloto local Ezequiel Salgueiro.

Este curso desenvolverase en dúas xornadas, o venres 28 de setembro de 16:00 a 20:00 horas para abordar os contidos teóricos básicos, e o sábado 29 de 10:00 a 14:00 horas para por en práctica as ensinanzas teóricas nun tramo de probas, con piloto e instructores.

O curso dispón dun total de 16 prazas e está dirixido a empradoados en Nigrán con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Estas prazas cubriranse por orde de inscrición reservando sempre un 50% para mulleres e o outro 50% para homes.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende o día 12 ata o día 25 de setembro, para o que deberán descargar o formulario de inscrición da páxina do Facebook Concello de Nigrán e envialo ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. xunto cunha copia do DNI e autorización da nai, pai ou persoa responsable da ou do menor (necesaria únicamente para persoas de 16 a 17 anos). En caso de non dispoñer de Facebook, o interesado pode solicitar a documentación tamén a través do mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Para mais información, poden dirixirse aos teléfonos 986 383 081-661 377 343 ou no mencionado correo electrónico.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

intervención

celta

economía

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos