14112018Mié
Última edición: Mié, 14 Nov 2018 9am

O monopraza da Universidade de Vigo saíu á rúa para rodar por Rosalía de Castro

O UM18 correu esta tempada en circuítos como Assen ou Montmeló, no que conseguiu completar todas as probas

10 Septiembre 2018 por
Os membros da escudaría, con monopraza este luns en Rosalía de Castro. / Fotos: Duvi Os membros da escudaría, con monopraza este luns en Rosalía de Castro. / Fotos: Duvi

Co mérito de ser o primeiro monopraza na historia da escudaría universitaria que conseguiu completar todas as probas nunha carreira, o UM18 rodou este luns pola rúa Rosalía de Castro, nunha exhibición pública na que estiveron presentes numerosos representantes das institucións e marcas que contribuíron o desenvolvemento do vehículo deseñado e construído por case unha trintena de estudantes da Universidade de Vigo, ao longo do pasado curso.

Os case trinta alumnos e alumnas das escolas de Enxeñería Industrial, Minas e Enerxía e de Telecomunicación recibiron a homenaxe e o agradecemento do reitor da Universidade, do alcalde e do delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo polo traballo desenvolvido e o papel realizado este ano na Fórmula Student nos circuítos de Assen e Montmeló, os pasados meses de xullo e agosto, respectivamente.

En nome do equipo a súa team leader, María Couso, agradeceu o apoio de institucións e empresas patrocinadoras e manifestou a súa satisfacción polo papel desenvolvido, en especial en Cataluña, onde o vehículo foi quen de completar todas as probas “do que nos sentimos superorgullosos”, un mérito que fixo extensivo ao estudantado que traballou no desenvolvemento dos vehículos que antecederon o UM18. Couso avanzou que en breve comezarán o proceso de selección do novo equipo que se encargará do no novo monopraza, e asegurou que “ esperemos que o próximo ano poida haber aquí un coche que poida rodar por Vigo”, a única cidade onde, afirmou, “é posible facer un vehículo coma este”.

Pola súa banda, o reitor Manuel Reigosa, agradeceu o traballo desenvolvido polo alumnado, que asegurou “representa o que queremos que sexa a Universidade de Vigo: moderna e ao servizo da sociedade”. Mentres, o alcalde de Vigo, que comprometeu un ano máis a colaboración económica do Concello co proxecto, destacou o traballo o estudantado como a alma mater dun proxecto que “partindo de cero fixo posible crear un vehículo que competise cos mellores do mundo”, dixo Caballero.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

intervención

celta

economía

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos