22072018Dom
Última edición: Dom, 22 Jul 2018 10am

Máis de 40 pilotos competirán en Vigo no Campionato de España de automodelismo

A recentemente reformada pista de Samil reunirá aos mellores do circuíto nacional esta fin de semana

05 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Adestramentos dunha edición anterior do Campionato de España en Samil. / Foto: Arquivo Adestramentos dunha edición anterior do Campionato de España en Samil. / Foto: Arquivo

Máis de 40 pilotos nacionais citaranse esta fin de semana na recentemente reformada pista de Samil para competir do Campionato de España de automodelismo na categoría Pista 1/8 Gas, organizado polo Club Automodelista Vigués (CAVI), e que será a terceira das catro probas do circuíto despois das de Valencia e Alcobendas.

A competición comezará este sábado ás 13:30 horas e para o domingo están previstas as finais dende as 12:15 horas. Haberá tres categorías: Absoluta, B e +40. Os vehículos pesan un mínimo de 2,4 quilos, teñen tres cabalos de potencia e acadan os 120 quilómetros por hora.

“É a Fórmula 1 dos coches de radiocontrol”, indica Alberto Alonso, representante do club vigués, que avanzou que a cidade aspira a albergar probas internacionais, entre elas un gran premio da EFRA, o organismo reitor da modalidade en Europa, a que xa lle solicitaron acoller unha das tres carreiras do circuíto continental.

Mentres, a entidade envórcase neste evento, ao que se presentan ata sete campións de España de automodelos, dous deles de Vigo (o propio Alberto Alonso en 2015 e Iñaki Otero en 2016). En 2017 gañou Sergio Montesinos, que confirmou que participará en Vigo.

O CAVI, ademais do patrocinio do Concello, conta co apoio de PSA Retail, Gadis ou Bumpers Online, que regala un coche para un sorteo cuxo beneficio irá á asociación Os Biosbardos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

comercio solidario

loterías

  • La Primitiva da una alegría en Vigo
    La Primitiva da una alegría en Vigo La Primitiva ha dejado un pequeño pellizco en Vigo, que sin duda hará más llevadero el verano para el agraciado. Un boleto sellado en la zona de As Travesas ha resultado ganador de un premio de segunda categoría (cinco números…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos