22072018Dom
Última edición: Dom, 22 Jul 2018 10am

A Universidade crea o primeiro cuestionario psicolóxico para deportes de motor

A ferramenta foi avaliada con preto de 200 pilotos

29 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto: Duvi Foto: Duvi

A velocidade á que deben tomar as súas decisións, en tan só décimas de segundo, e as consecuencias que poden ter estas decisións, “incluíndo o risco de lesión ou morte”, son, como sinala a investigadora Anna Viñolas, dúas das características específicas dos deportes de motor que a guiaron na definición do primeiro cuestionario de avaliación psicolóxica específico para estas disciplinas.

“Os deportes de motor teñen infinidade de características que os fan peculiares a nivel mental”, sinala esta psicóloga deportiva, que no marco da súa tese de doutoramento deseñou un cuestionario con 29 ítems que validou cunha mostra de preto de 200 pilotos de diferentes disciplinas, idades e niveis competitivos.

“Durante os últimos quince anos, a psicoloxía do deporte levou a cabo unha crecente especialización das ferramentas de avaliación das distintas modalidades deportivas”, sinala Viñolas, que incide en como a utilización dun vehículo para competir “inflúe en aspectos tales como o adestramento físico do piloto, a capacidade de adaptación ao vehículo ou a adecuada asunción de riscos para obter un gran rendemento do binomio piloto-vehículo, preservando a seguridade”. Aspectos específicos que sustentaron a definición deste cuestionario para pilotos de velocidade, “xa sexan de kárting, motociclismo ou automobilismo”, que desenvolveu no marco da súa tese Necesidades psicológicas en los deportes de motor: construcción de un cuestionario específico, que dirixiu o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Joaquín Dosil. Un cuestionario que, a partires da “análise factorial exploratoria” realizada a través de cuestionarios a preto de 200 pilotos, Viñolas articulou en torno a catro factores; a xestión das situacións, a confianza do piloto, o equipo e a xestión de dificultades.

Así, no relativo á xestión de situacións, o cuestionario aborda aspectos específicos destas disciplinas deportivas como se as malas experiencias previas nun circuíto inflúen á hora de volver competir neste ou o grao de tensión diante do semáforo que marca a saída. No relativo á confianza do piloto, busca medir ítems como “despois dunha caída, sigo confiando nas miñas posibilidades, ou “son un bo piloto nos clasificatorios”; mentres que no relativo ao equipo recolle cuestións como “sinto que formo parte dun bo equipo” ou “resúltame fácil adaptarme á tensión do box”. Por último, as preguntas a relativas á xestión de dificultades buscan coñecer tamén aspectos específicos deste tipo de deportes como posibles dificultades á hora de decidir cales son os pneumáticos máis adecuados ou para apurar nas freadas.

Avaliada con pilotos de 12 países
Para o desenvolvemento deste cuestionario, Viñolas contou cunha mostra integrada por 194 pilotos de doces países, con idades comprendidas entre os 6 e os 62 anos e na que estaban representados 141 pilotos de moto, 26 de coche e 22 de karts, xunto con copilotos e persoas que combinan máis dunha modalidade. Do mesmo, xeito, a investigadora tratou tamén de que neste estudo estivesen representados competidores de diferentes niveis, de tal xeito que o 51% da mostra competía nun ámbito nacional, pero nela figuraban tamén un 13% de participantes en competicións internacionais, xunto con pilotos que o facían só en carreiras de ámbitos autonómico ou provincial.

Maior fortaleza mental para os que comezaron antes
A avaliación deste cuestionario permitiu a Viñolas constatar “diferencias estatisticamente significativas” na puntuación obtida por pilotos que se iniciaron nestes deportes antes dos dez anos, así como naqueles “cuxa ocupación principal é adestrar ou os que obteñen mellores resultados”, que presentan uns resultados máis elevados en aspectos como a fortaleza mental. “Os deportes de motor inícianse a unha idade prematura e tamén chégase a elite durante á adolescencia ou xuventude”, lembra Viñolas, que atopou puntuacións máis elevadas en aspectos como fortaleza mental, activación, atención, motivación ou xestión de dificultades naquel grupo de pilotos que comezaban a practicar este deportes antes dos 10 anos con respecto aos que o facían con posterioridade.

Así mesmo, tamén se obtiveron diferencias en aspectos como fortaleza mental, atención, xestión de situacións e confianza do piloto entre aqueles e aquelas que teñen en adestrar a súa “dedicación principal” fronte aos e ás que teñen no traballo ou nos estudos a súa ocupación central. Por outra banda, Viñolas tamén detectou diferencias en materia de motivación entre aqueles pilotos, o 57% da mostra que, por lesión, por motivos económicos ou por outras cuestións, tiveron que eixar a competición temporalmente e que presentaban puntuacións inferiores ás daqueles que nunca se viron afectados por estas circunstancias.

Por outra banda, tamén se rexistraron diferencias nos factores de confianza e xestión de dificultades entre homes e mulleres, o que, como explica Viñolas, “pode verse condicionado polo número de mulleres que practican estas modalidades deportivas de forma federada”, que só supoñen o 9% no caso do motociclismo e o 3,5% no do automobilismo, o que provocou tamén que só supuxesen o 8,8% da mostra neste estudo.

Texto: EDUARDO MUÑIZ DUVI PONTEVEDRA

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

comercio solidario

loterías

  • La Primitiva da una alegría en Vigo
    La Primitiva da una alegría en Vigo La Primitiva ha dejado un pequeño pellizco en Vigo, que sin duda hará más llevadero el verano para el agraciado. Un boleto sellado en la zona de As Travesas ha resultado ganador de un premio de segunda categoría (cinco números…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos