18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 11am

O Rally Rías Baixas volve tres anos despois con Samil e Príncipe como protagonistas

A cita formará parte do Campionato Galego e celebrarase os días 11 e 12 de maio

13 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Na súa última edición, no 2015, a Porta do Sol foi escenario do Rías Baixas. Na súa última edición, no 2015, a Porta do Sol foi escenario do Rías Baixas.

Abel Caballero celebrou unha reunión cos responsables da Federación Galega de Automobilismo, entrevista na que acordaron retomar a proba e a súa presenza en Vigo. Os boxes estarán posiblemente en Samil e Príncipe será o punto de saída do Rally, que se celebrará os días 11 e 12 de maio.

O Concello de Vigo e a Federación Galega de Automobilismo acordaron recuperar para a cidade o Rally Rías Baixas, segundo informou este martes Abel Caballero. O alcalde avanzou que "seguramente" Samil acolla os boxes da proba e a saída, o día 11 de maio, terá lugar na rúa do Príncipe.

A cita formará parte do Campionato Galego e celebrarase os días 11 e 12 de maio, cunha participación estimada nuns 150 vehículos. Adiantou o alcalde que, na reunión, Goberno de Vigo e Federación Galega abordaron a recuperación "no futuro", de cara a próximas edicións, do tramo urbano vigués de subida ao monte do Castro.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos