16122018Dom
Última edición: Sáb, 15 Dic 2018 9pm

Uvigo Motorsport ultima o deseño do monopraza UM18

O equipo mellora a aerodinámica do vehículo e resolve o erro da refrixeración

15 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Membros do equipo Uvigo Motorsport. / Foto: Duvi Membros do equipo Uvigo Motorsport. / Foto: Duvi

Uvigo Motorsport, equipo de automoción formado por 27 estudantes de diferentes graos da Universidade de Vigo, principalmente das enxeñerías, prepárase para a nova tempada da Formula Student, a competición interuniversitaria automobilística máis importante de Europa, na que levan participando dende 2015. 

O equipo está a ultimar o deseño do novo monopraza, que presentará algúns cambios respecto do seu antecesor e cos que tentarán superar os resultados da tempada pasada e rematar, tamén, coa maldición do circuíto de Hockenheim, en Alemaña, no que, por mor dun erro no coche, non conseguiron pór en pista o UM17.

Para acadar unha maior lixeireza no conxunto do monopraza, o chasis será híbrido e, no terreo da aerodinámica, o equipo implantará un sistema de redución de ‘drag’, que consiste na incorporación de aleróns automáticos, na parte traseira e dianteira do coche, para conseguir unha maior firmeza durante a rodaxe nos circuítos.

Por outra banda, explican os membros do equipo que “o ano pasado, tivemos problemas de caudal na refrixeración do vehículo, pero, nesta nova tempada, solucionámolo, xa que imos fabricar un radiador cunhas dimensións maiores, en lugar de levar dous pequenos”, sinala Antonio Sixto, técnico líder do equipo.

Uns 30.000 euros de orzamento para a nova tempada
Mentres a escudaría universitaria traballa con esforzo, ilusión e tenacidade neste proxecto, as empresas da contorna tamén colaboran poñendo o seu grao de area, coa achega de pezas e materias e, en moitos casos, cedendo as súas instalacións para facer posible a construción do monopraza. “Sen contar coa man de obra, as horas de deseño que empregamos, nin os materiais que nos regalan, o orzamento do coche rolda os 30.000 euros”, indica María Couso, encargada do departamento de Organización e Marketing.

De cara a esta tempada, o equipo ten as expectativas moi altas. “A nosa progresión foi sempre ascendente e así imos seguir e aínda que sexan palabras maiores, tentaremos estar nos mellores postos da clasificación de Formula Student”, asegura Couso. Para conseguir este obxectivo, o equipo conta con 14 novos membros seleccionados entre as 108 solicitudes que recibiron para formar parte do equipo.

Estas novas incorporacións proveñen dos graos en Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñería de Organización Industrial e, maioritariamente, de Enxeñería Mecánica. Como novidade, este ano tamén foron incluídos alumnos e alumnas de outras disciplinas como Administración e Dirección de Empresas, en liña co obxectivo da escudaría de integrar compoñentes doutras áreas do coñecemento neste proxecto, afirma Couso.

A escudaría aséntase no traballo en equipo, un xeito de facer que se estende ás seis áreas nas que se organiza Uvigo Motorsport e a todos os pasos do proceso de fabricación “Todas as decisións que se toman son consensuadas”, indica Pablo Penedo, responsable de Organización Industrial do monopraza. “Actuando como un equipo dende o principio ata o final somos quen de resolver os erros que imos cometendo e, así, seguir evolucionando na Formula Student”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

sucesos

tecnología

movilidad

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos