25072017Mar
Última edición: Mar, 25 Jul 2017 9am

Xoias do Rally do Descubrimento en Vigo

Proba dedicada a vehículos saídos de fábrica entre 1919 e 1970 e que se celebrará o vindeiro sábado 6 de maio

27 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Abel Caballero presentou este xoves na Praza do Rei a cuarta edición do Rallye do Descubrimento-Gran Premio Galfrío. / Foto: vigo.org Abel Caballero presentou este xoves na Praza do Rei a cuarta edición do Rallye do Descubrimento-Gran Premio Galfrío. / Foto: vigo.org

Abel Caballero presentou este xoves na Praza do Rei a cuarta edición do Rallye do Descubrimento-Gran Premio Galfrío, proba dedicada a vehículos saídos de fábrica entre 1919 e 1970 e que se celebrará o vindeiro sábado 6 de maio.

O rexedor, acompañado por directivos da escudería organizadora, Vigo Clásicos (Juan Sirvent e Gabriel Pestana), e polos concelleiros de Facenda, Jaime Aneiros, e Deportes, Manel Fernández, lanzou un chamamento a acudir á Porta do Sol para admirar máis de trinta vehículos clásicos o primeiro sábado de maio.

"Ver estes automóbiles é ver unha parte da historia de Vigo e de toda Galicia. O automóbil converteuse nun instrumento emblemático, nun modo de transporte", explicou o xefe do goberno local, encantado por que agora se poida "exhibir a beleza" dos mesmos. "En Vigo, que é a cidade do automóbil, dígolle ao cidadán que se veña a ver os coches e disfrute", manifestou. O alcalde pousou e viu in situ un precioso Bugatti T5122, que tamén participará no rally e que é propiedade de Pestana.

Este ano a saída darase na Porta do Sol como "pequeno chico a que se peatonalice", subliñou Sirvent. A imaxe do parque pechado "será a dun pequeno museo rodante difícil de ver noutro momento", ao reunir automóbiles de varios puntos de Galicia e Portugal. Os vehículos, en catro clases, disputarán once tramos e percorrerán 180 quilómetros que rematarán no Pazo de Cea, en Nigrán.

A flota, na que brillarán dez coches anteriores a 1950, atoparase no parque pechado de Porto do Sol desde as 9:00 horas, comezando ás 11:00 as saídas minuto a minuto. Neste rally, que pasará por Mondariz, Ponteareas ou Tui, non conta tanto a velocidade como a navegación e a orientación.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

vigo

aeropuerto

casco vello

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos