Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou a actividade, que conta co patrocinio municipal e ademais terá como colofón un campionato para nenos e nenas de 4 a 7 anos o domingo, na que será terceira proba da Rookies Cup da Federación Galega de Automobilismo. «Traballamos para que sexa un gran éxito, para que a xente poida gozar e participar nesta novedosa actividade», explicou o edil.
En representación de Gadis, patrocinador privado destes vinte días do circuíto de karts por Galicia, iniciados en maio en Lugo e que, tras percorrer outras cidades, rematarán en Vigo, Pablo Louro asegurou que esta iniciativa «ten bastante éxito alí onde vai» e a cadea de supermercados a fomentará con invitacións por mercas superiores a 50 euros nos seus establecementos ou con vales desconto en cada ticket.
A organización, RGM Eventos, recoñeceu estar «ufana» pola ubicación do circuíto este ano, explicou Raquel González, e lembrou a súa sensibilidade coas persoas con calquera discapacidade, para quen conta con dous karts adaptados. Ademais, hai karts infantís e de competición. «Queremos que todo o mundo goce da pilotaxe».
O Concello pon a disposición do programa municipal de escolas deportivas ata 500 invitacións.