O documento recolle a obriga dos propietarios de todas as parcelas incluídas nesa rede de faixas secundarias dos montes, que son competencia municipal, de limpar e xestionar a biomasa para evitar o risco de incendio, cando esas parcelas estean a 50 metros ao redor de edificacións destinadas a vivendas. Suman un total de 1.988 hectáreas.
Ademais, a Xunta de Goberno tamén aprobou este xoves o expediente de contratación da subministración de gas natural para os colexios públicos, escolas infantís municipais, o Auditorio Mar de Vigo e as dependencias do Concello.