O obxectivo de aqualia é lograr, no prazo dun ano, un millón de facturas electrónicas adicionais. Para promover e incentivar que os usuarios se pasen á factura dixital, a compañía sortea cada mes dúas tablets entre todos os que así o fan de forma efectiva.
En 2016 Aqualia puxo en marcha unha campaña para promocionar o uso da factura electrónica e substituír, progresivamente, o maior número posible de facturas emitidas en papel. Esta acción, que aínda continúa, permitiu incrementar nun 73,9% o número de clientes que colaboran na loita por preservar o medio ambiente. Así, a principios de 2017 o número de clientes de Aqualia que xa gozan de todas as vantaxes do servizo de e-factura ascendía a 296.499, o que supón un 9,64% do total.
Este mércores, o director de aqualia Vigo, José María Ardoy, fixo entrega do premio a Katia Palmeiro Lage nas instalacións de Aqualia Vigo.
Campaña sustentable
A Campaña complétase con accións informativas sobre as vantaxes de adherirse á facturación electrónica: máis cómoda, ao evitar acumulación de papel e permitir a súa consulta en calquera momento; máis rápida, pódese recibir o mesmo día en que se emite; máis segura, ao poder acceder persoalmente á mesma a través dunha clave na área de clientes; é gratuíta e ten a mesma validez legal que unha factura en papel. Co incremento no número de clientes adscritos ao servizo de factura electrónica minimízase o impacto no medio ambiente e evidénciase o compromiso de Aqualia co desenvolvemento sustentable.
Aqualia
É a empresa de xestión da auga de FCC, un dos grupos de servizos cidadáns lideres en Europa. A Compañía é a terceira empresa privada de auga de Europa e a sexta no Mundo, segundo o último ranking da publicación especializada Global Water Intelligence, e atende a 23,5 millóns de usuarios. Aqualia é a compañía de xestión da auga de FCC, un dos principais grupos europeos de Servizos Cidadáns. A empresa traballa en máis de 1.100 municipios e opera máis de 200 estacións de tratamento de auga potable e máis de 300 depuradoras en 19 países: España, Italia, Portugal, República Checa, Polonia, Romanía, Montenegro, Bosnia, México, Perú, Chile, Alxeria, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Sudáfrica, Arabia Saudita, Tunes, China e Uruguai.