Silva salientou que, esta obra realizado polo alumnado da escola de Cantería de 4.200 quilos, ten por obxectivo “render homenaxe a todas as persoas brigadistas da provincia pola súa defensa dos montes, pero en particular, aos falecidos o día 12 de agosto do 2010 en Fornelos”. A Presidenta recordou que o “12 de agosto de 2010 faleceron en Fornelos de Montes os brigadistas Julio Martínez Da Silva, natural de la parroquia de Estás en Tomiño e de Rodrigo Amo González, veciño da parroquia de Priegue en Nigrán”. Ambos bombeiros traballaban no incendio da parroquia de Oitaven en Fornelos que afectou máis de cen hectáreas de superficie no mes de agosto de 2010.
Carmela Silva subliñou que o alcalde de Fornelos levaba tempo reclamando este convenio para poder inaugurar a praza coa cal queren render unha homenaxe a estes dous brigadistas “porque a realidade e que todos os veráns temos moitas persoas adicadas a extinción dos incendios nos nosos montes. De feito, onte mesmo en Gondomar adicamos outra figura a estas persoas que traballan na extinción e agora queremos facer este recoñecemento en Fornelos”.
Pola súa parte, Emiliano Lage, alcalde de Fornelos, agradeceu á Presidenta a súa disposición con esta reclamación de toda a cidadanía de Fornelos por aquel terrible suceso de agosto de 2010 “co falecemento dos dous brigadistas en aquel incendio que arrasou Fornelos”.
Emiliano Lage subliñou que esta escultura vaise colocar no que agora denomínase Parque do Multiusos e que será rebautizada como “Praza dos Brigadistas”. O alcalde de Fornelos recordou que xa na primeira homenaxe que fixera o seu pobo aos seis meses do suceso, “os propios brigadistas, que participaron na colocación dun fito cos nomes dos falecidos, nos pediran que se merecían unha escultura”.
Tras a firma do convenio comezarán de inmediato os traballos para a colocación da escultura e a súa posterior inauguración nun acto de homenaxe aos dous falecidos e a todos os brigadistas.