Este domingo 14 de outubro, terá lugar un percorrido entre os montes de Coruxo e Saiáns, participando na andaina pola rexeneración dos montes de Vigo que lembra o acontecido nos incendios do 15 de outubro de 2017. Poderase comprobar como pouco a pouco teñen lugar as labouras de rexeneración e en que situación se atopa o monte un ano despois.
A hora convocatoria en Praza do Rei é as 8:00 para saír as 8:30. Esta actividade é gratuíta e cómpre apuntarse no 010 de luns a mércores e non empadroados o xoves.
Doutra banda, dende o pasado luns 8 de outubro poderase facer a inscrición as actividades familiares que terán lugar en Vigozoo e en Ancares, tanto para o grupo 1 (20 outubro e 10-11 novembro) como para o grupo 2 (27 outubro e 17-18 novembro). Nesta ocasión poderán participar familias con menores ata 12 anos e que teñan autonomía para realizar as actividades propostas. Dada a capacidade existente, estímase 13 familias as participantes en cada quenda.
Durante o programa previsto abórdanse as temáticas da contaminación lumínica e da contaminación con plástico, realizando obradoiros relacionados con esta temática e comprobando nun espazo natural como os Ancares algúns dos temas propostos.
Tamén está aberto dende este luns o prazo para o Curso básico de hortas urbanas que terá lugar en Vigozoo o xoves 11, a partires das 16:30.