Segundo detallou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o convenio terá vixencia ata 2021 e contará cunha comisión técnica e outra de seguimento. Será licitado polo Goberno de España, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e a tramitación nestes momentos está pendente dun informe da Secretaría Xeral de Territorio Función Pública, unha vez recibidos os da Avogacía do Estado, o Secretaría Xeral do Ministerio de Transición Ecolóxica e o da Secretaría de Estado de Facenda. Neste punto e dado que os Orzamentos Xerais están prorrogados, será preciso establecer un calendario de convenios, un trámite que non atrasará moito o proxecto, matizou. Caballero amosou a súa satisfacción por ter enfocado o «problema máis grave ao que se afronta a cidade» xa que se están a dar os pasos precisos para garantir o abastecemento de Vigo e doutras nove municipios para os próximos cen anos.
En declaracións aos medios, o rexedor criticou á Xunta de Galicia por non facer o transvase de emerxencia pactado co Concello hai un ano e medio, a pesar de que Vigo asumía o 80% do custo. Insistiu en que non se deu un so paso para solucionar un problema que afecta a 450.000 persoas nunha das zonas máis industrializadas de Europa. Respecto da potabilizadora, o rexedor afeou á Xunta que volva a insistir en que sexa Vigo o que pague integramente un servizo do que gozan outros cinco municipios: Cangas, Moaña, Mos, Redondela e Gondomar. Rematou facendo fincapé en que en Vigo hai un problema de cantidade de auga, non de calidade, ao tempo que deta