A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a proposta de elaboración do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais que permitirá protexer os montes vigueses ante a eventuais situacións como as vividas hai agora un ano.
Así o comunicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que tamén explicou que a dirección do plan recaerá no concelleiro de Parques, Xardíns e Montes, Ángel Rivas.
«Esta medida vai en paralelo ao deseño do anel verde, iniciativa que imos a iniciar cunha experiencia piloto», sinalou o rexedor.
A comisión técnica que fará o seguimento estará integrada polos xefes das áreas de Servizos Xerais, Medio Ambiente, Cartografía e Seguridade, ademais de técnicos de Urbanismo, Administración Electrónica e Departamento Administrativo.