A ruta está destinada a todos os públicos e contará como guía co divulgador Carlos Venade, que conta con gran prestixio en Galicia e Portugal impartindo charlas e rutas de botánica. Os participantes terán a oportunidade de crear o seu herbario, para iso necesitarán traer un caderno, bolígrafo e cinta adhesiva.
O prezo da andaina é de 2 euros e será de balde para os menores de 18 anos. Para anotarse, será necesario xestionar a inscrición a través de Whatsapp nos números de teléfono 639 249 005 e 699 444 437.