22072019Lun
Última edición: Dom, 21 Jul 2019 2pm

patrimonio natural

Rutas guiadas e adaptadas a nenos para coñecer as Illas Atlánticas

O vindeiro mércores 27 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición e a primeira ruta será á Illa de Ons o domingo, 7 de febreiro

25 Enero 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
As Illas Cíes, dende O Galleiro. / Foto: Selika As Illas Cíes, dende O Galleiro. / Foto: Selika

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio retoma unha nova convocatoria do programa de visitas guiadas Descubrindo o Parque Nacional, que nesta edición ten dúas novidades: ofértanse rutas específicas para o público infantil e as rutas tamén se celebrarán nun día da semana.

Esta actividade busca divulgar e dar a coñecer o patrimonio natural dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, fóra da tempada de verán, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista.

Nesta nova convocatoria de Descubrindo o Parque Nacional ofertaranse un total de 12 novas rutas que se desenvolverán ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril, nas que poderán participar un máximo de 238 persoas. O vindeiro mércores 27 de xaneiro abrirase o prazo para formalizar a inscrición, que se cerrará tres días antes da realización da ruta. As visitas faranse con grupos reducidos co obxectivos de ofrecer a máxima calidade nestes espazos protexidos.

As rutas ofertadas para nenos (recomendado para maiores de 5 anos e menores de 12 e que deberán ir acompañados por un adulto) inícianse o sábado 13 de febreiro, xornada na que se achegarán á vida mariña a través dun paseo pola costa. Tamén se ofrecen outras dúas en período vacacional de Semana Santa, o luns 21 de marzo a Ons e o martes 22 de marzo a Cíes, na que se percorrerán as praias, matogueiras e cantís facendo dinámicas e xogos que axuden aos rapaces a coñecer mellor os valores destas zonas.

En relación coas rutas ofertadas para público adulto, estas comezarán o domingo 7 de febreiro ofrecendo a ruta a Ons, que leva por título "Unha illa de nomes" e que se repetirá o mércores 17 de febreiro. Trátase dunha ruta circular cunha duración aproximada de tres horas e unha lonxitude de 6,2 quilómetros. O 13 e 16 de febreiro visitaranse a Illa de Cíes ofertando dúas rutas con temáticas distintas. A visita á illa de Cortegada está fixada para os días 9 e 28 de abril e, por último, as visitas á illa de Sálvora están fixadas para o 16 e o 27 de abril.

No cadro resúmense as rutas ofertadas e as xornadas de celebración:

Grupo

Xornada

Illa

Ruta

Prazas ofertadas

NENOS

Domingo, 13 de febreiro

Cíes

A vida entre mareas

32

Martes, 22 de marzo

O mosaico das illas

Luns, 21 de marzo

Ons

O mosaico das illas

20

ADULTOS

Domingo, 7 de febreiro

Ons

Unha illa de nomes

40

Mércores, 17 de febreiro

Sábado, 13 de febreiro

Cíes

Unha viaxe no tempo

60

Martes, 16 de febreiro

Sobrevivindo que non é pouco

Sábado, 16 de abril

Sálvora

Illa de esculturas e lendas

51

Mércores, 27 de abril

Sábado, 9 de abril

Cortegada

O segredo dun bosque

35

Xoves, 28 de abril

Este programa naceu en febreiro de 2014, como unha acción piloto onde se ofreceron catro rutas (unha por cada arquipélago) e despois dunha boa acollida –xa que se rexistraron máis de 400 solicitudes de participación-, decidiuse darlle continuidade no 2015, período no que tamén se rexistrou unha grande demanda e no que participaron máis de 500 persoas.

Solicitudes
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en tódolos Parques Nacionais de España. O enlace web é www.reservasparquesnacionales.es. No apartado específico do PN Illas Atlánticas, aparece un listado das actividades ofertadas. Cada persoa poderá reservar e participar nunha soa ruta. Habilitarase tamén unha listaxe de espera, coa que cubrir posibles baixas. Tamén se poderá cubrir dita solicitude acudindo á sede do Parque Nacional (rúa oliva 3, Vigo).

Os menores deberán ir acompañados dun adulto e, por cada adulto participante admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o custo do transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo. O transporte ao peirao de saída corre a cargo dos participantes.

No caso de non poder asistir á actividade deberase anular na mesma web de central de reservas onde se fixo a reserva e como máximo tres días antes de cada ruta, co fin de poder chamar a outras persoas interesadas que se atopen na lista de espera. Tamén se advirte que a excursión pode adiarse ou quedar anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos