18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

illas atlánticas

Medio cento de persoas prepáranse para ser guías do parque nacional

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, inaugurou este mércores esta actividade formativa, que se está a desenvolver no arquipélago de Cortegada

21 Octubre 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O curso comezou este mércores en Cortegada. / Foto: Tomás Alonso O curso comezou este mércores en Cortegada. / Foto: Tomás Alonso

Un total de 50 persoas participan desde hoxe, e ata o próximo día 23, na fase presencial do curso de “Formación de guías na rede de Parques Nacionais”, que se está a desenvolver desde este mércores no arquipélago de Cortegada. Este xoves, terá lugar no de Ons; e o venres no de Cíes.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, inaugurou este mércores esta actividade formativa, de carácter gratuíto e que combina formación en liña e presencial. Está coordinado polo Organismo Autónomo Parques Nacionais, e está desenvolvido polo Centro Nacional de Educación Ambiental e o propio Parque Nacional. Todos os alumnos foron seleccionados por convocatoria pública.

O principal obxectivo desta actividade formativa é capacitar aos participantes para dar a coñecer as distintas fórmulas de protección que axudan a fomentar a mellora do patrimonio natural e da biodiversidade. Durante o curso, o alumnado pode afondar os seus coñecementos en diversas materias, como na rede de espazos protexidos existentes a nivel estatal e europeo, ou na lexislación vixente dos Parque Nacionais. Deste xeito, os potenciais guías obteñen recursos e coñecementos relacionados co uso público e coa boa xestión dos espazos protexidos, e capacitanse para contribuír a un correcto desenvolvemento turístico dos Parques Nacionais.

A finalidade última desta formación é potenciar a mensaxe de que a protección de espazos e especies contribúe ao benestar tanto das persoas que habitan neses espazos, como dos turistas que os visitan. Por iso, o conxunto de normas e medidas lexislativas aprobadas nos últimos anos buscan facilitar un desenvolvemento sostible dos espazos protexidos, conxugando elementos sociais, ambientais e económicos.

Por iso, as actividades e a xestión ambiental que se desenvolven neste tipo de espazos cobren diversas áreas políticas, polo que precisan da cooperación entre diferentes departamentos e autoridades administrativas; necesitan a implicación do sector privado como un dos principais creadores de innovación; e poden beneficiarse da creatividade e compromiso de distintos grupos sociais.

Segunda edición

Cómpre recordar que durante o ano 2014 realizouse unha primeira edición con formación online e presencial nos arquipélagos grazas á colaboración do Centro Nacional de Educación Ambiental (Magrama) e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, coordinados polo Organismo Autónomo Parques Nacionais. Grazas a este traballo consolidouse a formación de guías do Parque Nacional, un activo moi importante posto que o coñecemento e a protección de espazos e especies contribúe de forma notoria a todas as persoas que os habitan e aos turistas que os queren coñecer e visitar.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos