22072019Lun
Última edición: Dom, 21 Jul 2019 2pm

programa educativo

Máis de 2.000 nenos de Vigo e comarca visitarán as Illas Atlánticas

Calquera Centro interesado poderá solicitar mais información no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 886 21 80 90

03 Octubre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Illa de San Martiño, dende o Monte Faro. / Foto: VIGOÉ Illa de San Martiño, dende o Monte Faro. / Foto: VIGOÉ

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación, vén de convocar o programa educativo do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, que cada ano acada maior número de participantes, mostra disto é que o ano pasado foron máis de 1.000 os nenos e xoves asistentes respecto ao curso do ano pasado.

Desde a Xunta de Galicia, enviouse unha carta aos colexios da comarca de Vigo para que teñan coñecemento do inicio das actividades, polo que calquera centro interesado poderá solicitar mais información no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 886 21 80 90.

Tras a creación do Parque Nacional, véñense organizando distintas actividades co fin de achegar este espazo aos cidadáns. Así, despois da apertura do centro de visitantes do parque, no Edificio Cambón de Vigo no mes de decembro de 2012, o Parque Nacional elaborou novos programas educativo para os distintos ciclos formativos: para educación infantil, secundaria e Bacharelato.

No curso 2014-2015, as actividades desenvolvéronse entre os meses de outubro e maio. Onde, participaron 4 centros escolares de Educación Infantil, con un total de 179 nenos e 17 profesores; en Primaria, un total de 2.156 persoas participaron nestas actividades: 2.085 alumnos e 71 profesores repartidos por ciclos da seguinte xeito:

 

Curso 2014-2015

Ciclos

Nº centros

Nº profesores

Nº nenos

1º ciclo Primaria

16

12

450

2º ciclo Primaria

25

31

628

3º ciclo Primaria

42

28

1007

Total

83

71

2085

 

Os datos con respecto de Educación Secundaria e Bacharelato reflicten a participación de 10 centros escolares, con un total de 365 estudantes e 21 profesores; mentres que os datos con respecto a comunidade educativa superior foron os seguintes: 3 centros participantes, con un total de 103 alumnos e 9 profesores. Finalmente, no concurso participaron 15 cursos pertencentes a 7 colexios e concedéronse premios a 8 aulas de 2 centros distintos, cun total de 114 nenos premiados. As viaxes do premio do concurso realizáronse durante os últimos días de maio e os primeiros días de xuño e foron ás illas Cíes.

En conxunto, un total de 2.732 rapaces de distintas idades participaron nas actividades educativas levadas a cabo polo Parque Nacional no Centro de Visitantes do Cambón. Cabe destacar que no próximo curso educativo 2016-17, espérase poder aumentar o número de actividades educativas e achegarnos tamén a colectivos con diversidade funcional.

Invitar aos centros
Para elo, un ano máis invítanse aos centros de Educación de Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos que se sitúan na ribeira das tres rías nas que están as illas do Parque Nacional a participar nas actividades educativas no Centro de Visitantes. Os grupos deben ser dun máximo de 50 rapaces e o horario preferente para a súa atención, previa cita, é de 09.30 a 12.00 h, de martes a venres.

As actividades educativas están adaptadas os distintos grupos de idade:

Infantil: actividades específicas de visita ao centro, baseada en xogos e contacontos, onde por medio de busca de tesouros e co relato de historias, váiselles explicando as personaxes que viviron na illa e tamén as principais especies animais e vexetais que nelas habitan.

Primaria: para os máis pequenos de educación primaria (de 1º a 4º), a través de distintos xogos e dinámicas, que se levan a cabo nas distintas plantas do Centro de Visitantes, e empregando os recursos que ten o centro, e combinando os xogos con presentacións por parte dos guías, vanse descubrindo os valores do Parque Nacional. Os nenos de 5º e 6º curso, ademais de realizar a actividade no Centro teñen a opción de participar no concurso “Rumbo ás illas”. O premio para os gañadores consiste nunha viaxe ás illas para todo o curso da aula gañadora, cunha actividade guiada pola illa.

Secundaria e Bacharelato: Está deseñada unha actividade específica moi participativa, onde aos alumnos se lles presentan o Parque Nacional, dentro do contexto da Rede de Parques, e se fai unha ruta guiada, onde os alumnos deben ir reflexando nunha ficha, e mediante traballo en grupo, as distintas conclusións ás que van chegando.

Comunidade educativa superior: a atención a estes grupos baséase nunha presentación do Parque e da Rede de Parque e nunha visita guiada polo centro. Segundo as súa formación e interese durante a visita, adaptábase os contidos do discurso ás súas demandas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos