19082019Lun
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 9am

PARQUE NACIONAL

As Illas Atlánticas recibiron no que vai de ano 100.659 visitantes

No período que vai dende xaneiro a xuño, incluídos ambos os meses, as Illas Cíes sitúanse á cabeza en canto a número de visitas, sumando 75.256 rexistrados; seguidas polas Illas Ons, onde se contabilizaron 16.408 visitantes

17 Julio 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
As Illas Cíes sitúanse á cabeza en canto a afluencia, sumando 75.256 rexistrados. / Foto: Vigoé As Illas Cíes sitúanse á cabeza en canto a afluencia, sumando 75.256 rexistrados. / Foto: Vigoé

O Parque Nacional das Illas Atlánticas recibiu no que vai de ano un total de 100.659 visitantes, dos que case un 60 %, é dicir, 59.357, achegáronse a este complexo natural no mes de xuño. Este parque, cunha superficie de 8.333 hectáreas totais, está formado por catro arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

No período que vai dende xaneiro a xuño, incluídos ambos os meses, as Illas Cíes sitúanse á cabeza en canto a afluencia, sumando 75.256 rexistrados; seguidas polas Illas Ons, onde se contabilizaron 16.408 visitantes. Sálvora albergou 4.063 turistas e Cortegada un total de 3.783.

O mes de xuño foi o período no que se rexistrou unha maior afluencia, tendo en conta que coincide co inicio da tempada estival, que este ano estivo caracterizado por unhas condicións meteorolóxicas idóneas para a estancia nas illas. Neste sentido, en xuño o número de visitantes a Cíes ascendeu a 47.367, mentres que en Ons rexistráronse 8.577 persoas. Sálvora recibiu 1.529 turistas e Cortegada sumou 1.574.

Cómpre destacar que no caso de Cíes e Ons, ao longo do ano, os turistas elixen maioritariamente o transporte público, é dicir as navieiras que prestan estes servizos que conectan distintos portos con estas illas. Así, por exemplo, no mes de xuño, dos 47.367 visitantes, 44.481 accederon en transporte colectivo.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Ms Lauryn Hill - 2%
Leiva - 9.9%
Tom Jones - 8.4%
Fangoria - 2%
Rick Astley - 5.8%
Roger Hodgson - 5.3%
30 Seconds to Mars - 26.6%
Vetusta Morla - 26.4%
David Bisbal - 11.7%
La votacion ya ha finalizado en: Agosto 19, 2019

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos