22082019Jue
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 8pm

Día Mundial do Medio Ambiente

O Parque Nacional Illas Atlánticas recibirá a Carta Europea de Turismo Sustentable

As Illas Cíes entrarán na rede de humedais protexidos declarados como Sitio Ramsar

03 Junio 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Vista da illa Onceta e das Cíes (ao fondo) dende as Ons. Vista da illa Onceta e das Cíes (ao fondo) dende as Ons.

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, que acudiu este martes á illa de Ons con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro venres, día 5, salientou a importancia de que o Parque Nacional das Illas Atlánticas poida conseguir a carta europea de Turismo Sostible, un recoñecemento que acredita a implicación de empresas, asociacións e administracións no obxectivo dun turismo respectuoso.

Vázquez remarcou tamén o traballo feito para incluír as Illas Cíes na rede de humedais protexidos declarados como Sitio Ramsar, unha declaración que xa está próxima.

Ademais, a Conselleira de Medio Ambiente valorou o esforzo que se está a facer para que o Parque Nacional sexa recoñecido Sitio Starlight, unha declaración avalada pola Unesco, que colocará as Illas Atlánticas como un destino turístico que reúne cualidades excepcionais para a contemplación das estrelas e do firmamento; ou a aposta por conseguir para este espazo natural a carta europea de Turismo Sostible, un recoñecemento que acredita a implicación de empresas, asociacións e administracións no obxectivo dun turismo respectuoso.

Ethel Vázquez, acompañada pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e o alcalde de Bueu en funcións, Félix Juncal, visitou tamén o Centro de Interpretación da Illa, co fin de coñecer máis de cerca os traballos de control de vexetación alóctona ou de conservación de hábitats de anfibios.

Cámping en Chan da Pólvora
Por outra banda, Ethel Vázquez supervisou as obras que se están a realizar para a construción do cámping en Chan da Pólvora, unha zona que, tradicionalmente, vense utilizando para a acampada dunha forma non regulada. Por iso, Vázquez explicou que “dende o Goberno galego decidiuse construír un cámping dotado de todos os equipamentos necesarios para ofrecerlle aos usuarios un mellor servizo e que tamén garantirá que esta actividade se realice conforme a principios de sustentabilidade ambiental”.

Con esta visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, concretamente, á Illa de Ons, pódese certificar que, “a día de hoxe, as obras desta instalación están en plena execución e avanzan a bo ritmo”, remarcou. A responsable de Medio Ambiente do Executivo autonómico subliñou que “o noso obxectivo é que o cámping da Illa de Ons, con capacidade máxima para arredor de 275 persoas, poida estar en funcionamento xa neste verán, concretamente no mes de xullo, tal como indican os técnicos”.

Inicia sesión para enviar comentarios

maltrato animal

mar

ocio

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos