17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

Escolares de Nigrán plantan 30 abetos recollidos polo Concello tras o Nadal

Os exemplares foron colocados no parque público de Poutón (Vilariño)

13 Enero 2020 por
Estudantes tras plantar unha das árbores. / Foto: Concello de Nigrán Estudantes tras plantar unha das árbores. / Foto: Concello de Nigrán

Cen escolares de todos os colexios de Primaria de Nigrán e usuarios do Juan María, co apoio do persoal das concesionarias Brocoli, Cespa e Aqualia e dos viveiros do municipio Figuerago e Casaplanta, plantaron este luns no parque público de Poutón (Vilariño) 30 abetos reunidos na primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal co obxectivo de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza.

Baixo este criterio sostible, o Concello e o alumnado fixeron realidade este 'Bosque de Nadal', unha iniciativa pioneira e que se repetirá ano a ano. A actividade implicou aos colexios públicos como punto de recollida dos exemplares entre os días 8 e 10 de xaneiro. Na campaña colaboraron desinteresadamente as concesionarias Cespa trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permite a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.

"Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, imos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade", defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.

sucesos

celebración

tribunales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos