09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

infraestruturas

Augas de Galicia disporá 100 millóns en 2020 para apoiar aos concellos no saneamento e abastecemento

O departamento autonómico xa investiu na última década máis de 1.100 millons de euros en obras hidráulicas

03 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Depuradora do río Lagares en Vigo. Depuradora do río Lagares en Vigo.

Augas de Galicia disporá o vindeiro ano dun orzamento de máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento. O presuposto do departamento autonómico aumentará un 10 por cento e no caso da a colaboración técnica e financeira da Xunta cos concellos concretarase en partidas que suman máis de 70 millóns de euros.

O Goberno galego fixo do saneamento e abastecemento da auga un dos seus obxectivos estratéxicos ao longo da última década e nestes 10 anos investiu máis de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas, axudando así aos concellos no exercicio das súas competencias de xestión do ciclo urbano da auga.

Este investimento permitiu levar a cabo 350 actuacións de saneamento que beneficiaron a 165 concellos e permitiron cumprir a normativa europea na materia. Ademais de un recurso esencial para a vida, a auga é un factor de calidade ambiental e de producción económica, pois dela dependen actividades como a pesca, o marisqueo, a acuicultura e, en grande medida, o turismo.

Galicia dispón hoxe en día de 148 depuradoras totalmente operativas, das cales moitas foron construídas nos últimos dez anos, mentres que hai tres décadas tan só había cinco depuradoras activas. Hai 45 novas depuradoras con capacidade para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e de galegas, o que supón máis da metade da poboación de Galicia.

Depuradora do río Lagares en Vigo
A depuradora do río Lagares, que entrou en servizo en 2017, é o exemplo máis significativo tras converterse na obra hidráulica máis importante dos últimos anos. A Xunta achegou a esta infraestrutura un total de 80 millóns de euros que permitiron culminar o saneamento da parte exterior da ría, conseguindo reducir de forma moi significativa a afección da maior aglomeración urbana de Galicia e cumprir coa normativa comunitaria.

Baiona 14

Tamén culminouse o saneamento de Ribeira, que estivo no punto de mira da Comisión Europea, pero que agora cumpre os requirimentos comunitarios, logo da execución de actuacións que supuxeron un investimento de 18 M€. Ou o saneamento da ría do Burgo, que supuxo un investimento da Xunta de preto de 100 m€ para mellorar o saneamento local e a calidade das augas da ría. A día de hoxe pódese realizar actividade marisqueira, grazas á mellora da calidade das augas, que pasou de clasificación c a b.

A Xunta tamén realiza labores de vixilancia, inspección e asesoramento das instalacións que lle son entregadas aos concellos. Ademais, desenvólvese o Plan de control de vertidos, para loitar contra os aportes contaminantes ao dominio público hidráulico e desde terra ao mar.

Incremento da capacidade de depuración
Froito desta actividade de control, emendáronse máis de medio milleiro de vertidos contaminantes ao dominio público marítimo-terrestre, dos cales a meirande parte foron emendas de vertidos nas rías. Todo ese traballo permitiu dar un salto cualitativo que se pon de manifesto en aspectos fundamentais como o incremento da capacidade de depuración en case 1,5 millóns de habitantes desde o ano 2009.

Gondomar 2Ademais, actualmente o 90% das aglomeracións urbanas cumpren a directiva europea en materia de depuración de augas residuais. Pasamos dun 50% de aglomeracións urbanas que cumprían no ano 2007, ao 90% actual.

E por último, ponse de manifesto a mellora da calidade da auga, xa que no ano 2009 o estado das augas era bo no 67% e hoxe o 76% das masas de auga está en bo estado, polo tanto mellorou a calidade das augas en case 10 puntos porcentuais nos últimos anos.

As contas autonómicas permitirán continuar ou rematar os proxectos que redundarán na mellora do saneamento das rías galegas, como o da Malata, en Ferrol, en Pontedeume ou en Rianxo. Iniciaranse as obras da EDAR de Viveiro, as actuacións de saneamento en Cabanas ou a mellora da depuradora de Praceres e o emisario submarino na ría de Pontevedra.

Despois de 10 anos de traballo e dos logros acadados, a Xunta ten claro que xa non é suficiente a execución de infraestruturas, senón que ademais é necesario garantir que estas funcionan corretamente unha vez que se poñen en mans dos concellos.

Sogama da auga
É coñecida a dificultade técnica e económica que entraña, especialmente para os pequenos municipios, a xestión de infraestruturas hidráulicas. Por ese motivo, a Xunta está a impulsar a creación dunha sociedade pública que, seguindo o modelo de Sogama para os residuos, preste apoio aos Concellos no ciclo integral da auga, coa imprescindible implicación das deputacións provinciais. Hai que destacar que máis da metade das depuradoras que xestionan os concellos teñen un funcionamiento deficiente.

Nigran 6Nesta sociedade participarán a Xunta, de xeito maioritaria, os Concellos, que son os competentes na prestación destes servizos, e as Deputacións provinciais, a quen a lei lles reserva o papel de coordinación cos municipios de menos de 20.000 habitantes.

A entidade busca ofrecerlles aos concellos colaboración para que teñan unha explotación profesional dos seus servizos hidráulicos, abaraten custos e garantan a calidade das prestacións.

A sociedade proporcionaralles aos municipios servizos relacionados co ciclo urbano da auga que terán unhas tarifas por m3 igual para todos os concellos que participen na entidade, cumprindo así a primeira premisa do Pacto local da auga.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

  • Augas de Galicia disporá 100 millóns en 2020 para apoiar aos concellos no saneamento e abastecemento
    Augas de Galicia disporá 100 millóns en 2020 para apoiar aos concellos no saneamento e abastecemento Augas de Galicia disporá o vindeiro ano dun orzamento de máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento. O presuposto do departamento autonómico aumentará un 10 por cento e…
    Leer más...

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos