11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Greenpeace organiza en Vigo unhas xornadas alternativas ao ‘Black Friday’

A organización ecoloxista desenvolve a terceira edición do HAZ, un evento internacional onde se organizan obradoiros sobre creación, reutilización, reciclaxe e reparación de produtos como alternativa ao hiperconsumo

27 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Cartel da iniciativa. Cartel da iniciativa.

Greenpeace organiza en Vigo os vindeiros 29 e 30 de novembro a terceira edición da iniciativa HAZ, un evento internacional alternativo ao ‘Black  Friday’ que ten como obxectivo combater as compras innecesarias e masivas con accións máis respectuosas co medio ambiente como crear, compartir, intercambiar ou arranxar.

As actividades empezarán este venres 29 no Centro Cívico de Teis ás 18:00 horas cun obradoiro de electricidade básica e outro sobre cociña sustentábel, no cal se impartirá un aula sobre como cociñar iogur e leite vexetal de xeito caseiro.

O sábado 30, de novo no Centro Cívico de Teis, concentrará a meirande parte dos obradoiros como, por exemplo, sobre alternativas ao consumo, reparación de bicicletas, elaboración de compostaxe, un obradoiro para nenos e nenas ou unha mesa redonda sobre consumo responsábel e sustentábel.

Aquelas persoas interesadas en asistir e participar dos obradoiros, débese reservar praza entrando na seguinte páxina web: https://forms.gle/XBB9t97fpa7SpobV9. Ademais, de cara ao venres o colectivo xuvenil Fridays for Future organizou unha concentración en Príncipe.


HAZ e o modelo non sustentable de consumo
“Un ano máis se volve celebrar o ‘Black Friday’ e, con el, un dos meirandes picos do consumismo desaforado do noso país, especialmente en moda, cando xestos pequenos como conservar a roupa uno ou dous anos máis, reduciría as emisións de CO2 un 24%” expoñen desde Greenpeace.

Por iso, a organización lanza unha pregunta: “Cantas desas compras son realmente necesarias?” Os ecoloxistas lembran o impacto que o “consumo descontrolado” con xera no ambiente con algúns exemplos:

PLÁSTICOS: Millóns de toneladas de plásticos chegan aos nosos océanos cada ano, afectando á fauna mariña, e só se reciclou o 9% do plástico mundial

ALIMENTACIÓN: Para producir 1kg de carne de vacún son necesarios até 15.000 litros de auga e a gandería é responsábel do 14,5% das emisións de gases de efecto invernadoiro

MOBILIDADE: En España, 30.000 persoas morren cada ano polas emisións contaminantes do transporte

ROUPA: Cada ano fabrícanse 100.000 millóns de pezas de roupa, e boa parte dela contén poliéster, que é plástico que se desprende como microplástico. Asemade, cada persoa merca un 60% máis de roupa que hai 15 anos e a conserva a metade de tempo.

Emporiso, un ano máis Greenpeace organiza o HAZ, un evento que xunta diferentes xornadas de creatividade fronte a consumismo, con obradoiros, espazos de troco, conferencias, proxeccións co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade dun cambio do modelo de consumo actual.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos