11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9am

O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta xa co seu plan de protección

Documento co que se garante a intervención inmediata dos distintos grupos de accións e persoas implicadas, así como permite a coordinación e intervención inmediata das axudas externas

12 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Illas Cíes. / Foto: Arquivo Illas Cíes. / Foto: Arquivo

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural xa ten elaborado o primeiro Plan de autoprotección do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, co que se pretende garantir a xestión das situacións de emerxencia que poidan acontecer nas illas do parque, é dicir, dotar a este espazo natural dunhas ferramentas de planificación propias que melloren a capacidade de resposta e facer fronte ás posibles emerxencias que puidesen presentarse.

Tal e como sinalou a conselleira Ángeles Vázquez na xornada técnica de presentación deste documento, o feito de que Illas Atlánticas conte cun plan de autoprotección é de gran importancia para poder establecer os recursos humanos e materiais necesarios, así como as secuencias de acción que os grupos de intervención levarán a cabo para conseguir unha xestión eficaz das situacións de emerxencia que se puideran dar dentro dos límites do parque nacional. Trátase pois de dar unhas pautas e de xerar unha organización ante unha situación de emerxencia.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que grazas a este documento dase resposta a cuestións de moita importancia para a conservación e protección dos valores das illas que conforman o único parque nacional en Galicia, como a fixar as actuacións ante un risco de incendio ou calquera outro incidente que poña en perigo a persoas, actividades e bens materiais ou naturais.

Sinalou que o plan de autoprotección é o documento co que se garante a intervención inmediata dos distintos grupos de accións e persoas implicadas, así como permite a coordinación e intervención inmediata das axudas externas.

Ángeles Vázquez destacou que neste plan tamén se determinan as responsabilidades e manda para cada unha das emerxencias que poidan acontecer, así como os procedementos de comunicación e coordinación entre os grupos operativos. Esta funcionalidade será posible grazas á organización e adestramento dun equipo humano cunhas funcións específicas, a mellora dos medios materiais para a intervención e a programación periódica de simulacros e exercicios que permitan incrementar o grao de eficiencia na neutralización das posibles ameazas internas ou externas.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recordou que o plan de autoprotección é unha das novidades que se estableceu coa aprobación do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta a finais de decembro de 2018 e que entrou en vigor a comezos deste mesmo ano, e que rexerá durante a vindeira década no único parque nacional presente na Comunidade Autónoma.

Reiterou que un PRUX, e o do Parque Nacional en particular, é un claro recoñecemento ao traballo realizado para dotar a este espazo natural único en Galicia dunha folla de ruta na que se detallan os obxectivos e os criterios de xestión, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos