12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

Microplásticos, cabichas e unha tubaxe de 4 metros nas praias de Nigrán

Recollida de lixo capitaneada pola asociación ecoloxista Adega e promovida en Nigrán polo Concello e a Asociación de Escolas de Surf de Patos

26 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Os voluntarios recolleron durante unha hora seis sacos con fundamentalmente microplásticos, cabichas e unha tubaxe duns 4 metros de lonxitude. / Foto: Concello de Nigrán Os voluntarios recolleron durante unha hora seis sacos con fundamentalmente microplásticos, cabichas e unha tubaxe duns 4 metros de lonxitude. / Foto: Concello de Nigrán

Máis dun cento de persoas participou este sábado en Patos na novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega e promovida en Nigrán polo Concello e a Asociación de Escolas de Surf de Patos (inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este).

Así, de 11:00 a 12:00 horas os voluntarios (entre os que estaba o alcalde de Nigrán, o edil de Medio Ambiente e o de Actividades Marítimas) recolleron 6 sacos cheos fundamentalmente de microplásticos, cabichas, paus de cotonetes ou chupa-chups, envoltorios… e unha tubaxe duns 4 metros de lonxitude.

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co 'Proxecto Ríos' de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos