22112019Vie
Última edición: Vie, 22 Nov 2019 6pm

segundo aniversario do 15O

O control vía satélite da limpeza de 34.000 fincas de Vigo comeza a vindeira semana

Caballero indicou que o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Vigo está aprobado inicialmente

15 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(3 votos)
O alcalde participou este martes na plantación dunha castiñeira no CEIP Sobreira de Valadares. / Foto: Concello de Vigo O alcalde participou este martes na plantación dunha castiñeira no CEIP Sobreira de Valadares. / Foto: Concello de Vigo

A limpeza de máis de 34.000 fincas situadas no rural de Vigo comezará a ser controlada vía satélite a partir da vindeira semana. Así o anunciou o alcalde este martes despois de participar na simbólica plantación dunha castiñeira con motivo do segundo aniversario dos graves incendios forestais do 15 de outubro de 2017.

O Concello de Vigo vixiará desde a vindeira semana vía satélite a limpeza de 34.083 leiras da cidade para asegurarse de que están en boas condicións de mantemento e que dese modo non supoñen un risco para a propagación de incendios forestais. A administración local utilizará un servizo contratado de inspección aérea que lle permitirá controlar esas parcelas.

Así, o goberno local irá revisando os terreos pertencentes ás chamadas faixas secundarias, que deben manterse en bo estado dentro da xestión da masa forestal que os propietarios e o propio Concello están obrigados a realizar para conter o lume.

No caso de que os donos non efectúen por si mesmos o mantemento obrigado, encargarase diso o Concello para logo repercutir neses propietarios os custos da actuación.

Ademais, Caballero indicou que o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Vigo está aprobado inicialmente. O documento delimita a rede de faixas secundarias, que son competencia municipal, onde é obrigatoria a xestión da biomasa forestal co obxectivo de evitar o crecente riso de incendio.

O alcalde de Vigo participou no acto celebrado no CEIP Sobreira-Valadares xunto aos comuneiros de montes, profesores e preto de 200 escolares para plantar no patio do centro un castiñeiro como símbolo dos lumes sufridos hai dous anos.

O rexedor informou de que en 2019 se plantaron 3.000 árboles, deles 1.500 castiñeiros e carballos nos parques forestais e contornas de Comesaña, Matamá, Coruxo, Zamáns e Valadares.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos