Imprimir esta página

Camiño a Camiño comeza unha nova tempada cunha travesía entre o Galiñeiro e o Aloia

Os participantes sairán do parque forestal de Zamáns, completarán preto de 10 quilómetros e, se queren, poderán facer un pequeno percorrido botánico

01 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A actividade desenvolverase este domingo. / Foto: Jorge Castro A actividade desenvolverase este domingo. / Foto: Jorge Castro

Chega outubro e, con el, regresan as actividades de Camiño a Camiño. A primera andaina desta nova tempada terá lugar o domingo e consiste na clásica travesía entre o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia. O prazo de preinscrición – a través do 010 ou do 986 810 260- remata este mércores día 2 para as persoas censadas en Vigo. O resto poderá anotarse o xoves día 3.

Se o tempo é favorable, como parece, está garantido un percorrido moi agradable para apreciar o maior macizo montañoso a carón de Vigo. Poderase gozar das vistas da contorna e, evidentemente, da súa salientable riqueza biolóxica, non só en número de especies senón que tamén nos distintos tipos de hábitats, algún moi interesante como as pequenas turbeiras, matogueiras, bosques autóctonas, etc.

Nesta ocasión o inicio terá lugar dende o parque forestal de Zamáns e, unha vez alcanzada a cota, o camiño a realizar será de algo máis de 10 quilómetros pola mañá. O xantar realizarase no Aloia e, para aqueles participantes que o desexen, pola tarde farase un pequeno percorrido botánico dentro do parque natural.

Tras a preinscrición haberá que achegar 7 euros (3,5 euros os menores de 12 anos) a través da sede electrónica do Concello de Vigo ou na Concellería de Medio Ambiente (segundo andar do edificio consistorial). Os participantes na andaina están convocados na Praza do Rei ás 9:00 horas para saír as 9:30 horas. O regreso estimado terá lugar ás 19:30 horas.Percorrido

Inicia sesión para enviar comentarios