14102019Lun
Última edición: Dom, 13 Oct 2019 9pm

Vigo súmase á Folga Mundial polo Clima

A cidade acollerá unha semana chea de actos relacionados coa crise climática, que desembocarán nunha manifestación entre Vía Norte e a Porta do Sol

23 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Concentración polo clima na lámpada de Urzaiz o pasado mes de maio. / Foto: Fridays for future Concentración polo clima na lámpada de Urzaiz o pasado mes de maio. / Foto: Fridays for future

Vigo súmase esta semana á Folga Mundial polo Clima. Máis de 100 entidades instarán estes días á cidadanía a defender a declaración inmediata da emerxencia climática e, polo tanto, a tomar as medidas necesarias para reducir rapidamente a cero as emisións netas de gases de efecto invernadoiro. Da mesma maneira, esixirase ás institucións, Estados e empresas que escoiten as demandas dun novo modelo socioecolóxico que non poña en perigo a supervivencia.

Co gallo desta convocatoria, o movemento xuvenil Fridays for Future Vigo desenvolve a campaña 'O 17 non rimos. O 27 berraremos', que consta dunha serie de actos que arrancaron o pasado martes 17 de setembro cunha xornada escolar nos centros de ensino da cidade. Nela o alumnado acudiu aos seus centros educativos con máscaras sanitarias en sinal de protesta polo fenómeno do cambio climático.

Foi o preludio dunha semana chea de actos, que ten como movemento principal a manifestación que percorrerá as rúas viguesas o venres 27 de setembro. Partirá ás 20.00 horas desde Vía Norte e rematará na Porta do Sol. Antes, ás 11.00 horas os estudantes celebrarán unha concentración na Praza do Rei, que dará inicio a unha xornada de folga.

As accións continuarán durante a fin de semana, cunha ruta polos montes de Cabral e Tameiga (sábado) e unha recollida de lixo no río Lagares (domingo).

Fridays for Future é un movemento ecoloxista e alleo a partidos políticos que reclama acción contra o cambio climático e o quecemento global. Naceu da man de Greta Thunberg, activista sueca que comezou a manifestarse cada venres fronte o Riksdag (parlamento sueco) en agosto de 2018, en horario escolar. Esixía á clase política e á sociedade un cambio de paradigma para frear o cambio climático.

A súa voz chega tamén a Vigo, dende onde se busca a mobilización pacífica para pedir medidas reais ante a situación insostible, a través da concienciación e a acción. Ademais desta organización xuvenil, o programa de actos está promovido por Movemento Galego polo Clima, Alianza Emerxencia Climática Xa, Alianza polo Clima e 2020 Rebelión polo Clima.

EEnPGWNWkAAsaPy

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos