19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

Caballero avanza medidas de control de auga se o encoro de Eiras baixa do 80%

Actualmente atópase ao 87% pero o Concello quere convidar a toda a cidadanía á cautela e ao consumo responsable

21 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O encoro de Eiras. O encoro de Eiras.

Abel Caballero anunciou este mércores medidas de control de auga se o encoro de Eiras, o de principal abastecemento a Vigo, baixa do 80% de ocupación –actualmente atópase no 87,21% da súa capacidade-. "Estamos ben", anotou o alcalde, quen explicou que o pequeno tamaño de Eiras -que só acumula auga para seis meses- convida á cautela.

O plan municipal de emerxencia en caso de seca fixa a entrada en fase de alerta cando restan cen días de auga embalsada. En todo caso, o rexedor avanzou que tomaría decisións antes. Serían unhas primeiras medidas de "control" ante a posibilidade dun outono seco.

Pola súa banda, Zamáns está ao 77,5%. Na práctica son os mesmos datos de 2018 a estas alturas, un ano bo en termos de pluviosidade. Caballero recomendou igualmente "consumo responsable todo o ano" xa que Eiras só acumula auga para seis meses, cando o habitual é dous anos, explicou, en encoros que abastecen a poboación equivalente á de Vigo e a súa área.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos