25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Nigrán instala no Muíños a primeira biobarda contra contaminación de Europa

Trampa artesanal para deter residuos sólidos flotantes que xurdíu en Guatemala hai tres anos para deixar de contaminar as augas hondureñas amosando gran eficacia

28 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Esta barreira forma parte dun proxecto piloto da Asociación do Monte Galego, que quere presentar os resultados acadados á Confederación Hidrográfica para extendela a máis ríos. / Foto: Concello de Nigrán Esta barreira forma parte dun proxecto piloto da Asociación do Monte Galego, que quere presentar os resultados acadados á Confederación Hidrográfica para extendela a máis ríos. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán conta dende esta semana no río Muíños (ao seu paso por Porto do Molle) coa primeira biobarda contra a contaminación de Europa, fabricada pola Asociación do Monte Galego de xeito experimental e co obxectivo de recolectar os residuos flotantes, entre os que destacan os plásticos.

Esta barreira, construída artesanalmente con grandes botellas de plásico reutilizadas, rede e cordas, xurdíu en Guatemala no 2017 co obxectivo de reducir a cantidade de desperdicios que chegaban a Honduras polas canles dos ríos, confirmándose unha retención do 95%. Agora da o seu primeiro salto a Europa en Nigrán, onde precisamente ten a sede a Asociación do Monte Galego, xurdida na parroquia de Camos tralos incendios de 2017.

A iniciativa presentada por esta entidade foi acollida con entusiasmo dende o o goberno local, xa que precisamente na súa loita por evitar que se contaminen os oceános, este verán instalaron recolle-cabichas artesanais nos areais e se levou a cabo con gran éxito a primeira campaña municipal de concienciación #SanXoanSenLixo. "As nosas políticas teñen ao medioambiente como prioridade, así que estamos moi orgullosos de que Nigrán sexa a porta de entrada a Europa das biobardas, unha trampa de escasísimo custe económico e cunha eficacia contrastada", sinala o alcalde, Juan González, quen precisamente é responsable da primeira concellería de Galicia 'Axenda 2030-Obxectivos do Desenvolvemento Sostible', axenda da ONU que inclúe moitas medidas medioambientais que Nigrán quere reforzar dende a política local.

O obxectivo da Asociación do Monte Galego é que tras instalar esta primeira biobarda artesanal de xeito experimental (para a que obtiveron os pertinentes permisos de Augas de Galicia) poidan presentar o seu funcionamento e resultados á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica para que se extenda o seu uso.

"O río Muíños non ten moitos residuos flotantes porque non se atopa inmerso nunha zona urbana ou de industria contaminante, polo que somos conscientes de que non se vai a recoller gran cantidade de desperdicios, pero servirá para grabar un vídeo e poder explicar mellor como funciona", comenta César Pérez, presidente da Asociación do Monte Galego, quen durante os vindeiros 2 meses irá recollendo periódicamente os materias freados pola biobarda para completar o estudo.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos