24042019Mié
Última edición: Mar, 23 Abr 2019 9pm

medio ambiente

A asociación de guías denuncia a "falta de control" nas Illas Atlánticas

Os guías aseguran estar preocupados "fronte ó incumprimento por parte das empresas navieiras do Plan Rector de Uso e Xestion (PRUX) recentemente aprobado"

09 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
San Martiño, desde o Alto do Faro. / Foto: VIGOÉ San Martiño, desde o Alto do Faro. / Foto: VIGOÉ

A Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas (Agaias) denunciou este martes públicamente a preocupación existente pola falta de cumplimento do Plan Rector de Uso e Xestión (PRUX) no parque.

"As empresas navieras contratan guías sen acreditar para os seus servizos guiados. O tan esperado documento que controla a xestión do Parque Nacional (PRUX) leva pouco tempo publicado e se incumple sen que se coñeza esta mala práctica", aseguran nun comunicado emitido desde Agaias.

Os guías solictan que se dea a coñecer a necesidade de cumplir este documento, que se fixo para conseguir que o uso do Parque sexa o apropiado e se conserven os seus valores. "Os e as guías de Agaias manifestan a sua preocupacion fronte ó incumprimento por parte das empresas navieiras do Plan Rector de Uso e Xestion (PRUX) recentemente aprobado",sinalan.

Segundo explican, o documento da Xunta para control do parque obriga a que as persoas que exerzan como guias neste espazo natural conten co título q así as acredite. "Actualmente, en temporada baixa, cando só acceden ao Parque Nacional un escaso número de barcos as fins de semana e poucos guías son necesarios, as navieras non levan con todos os seus grupos de visitantes a guías acreditados", apuntan.

"Hai só uns meses que o tan esperado PRUX foi publicado, e xa se está a incumprir neste punto. Que podemos esperar entón na época de maxima afluencia ás illas do PN? Que outros puntos se saltarán as distintas empresas que traballan neste valioso espazo natural? Agora q xa temos PRUX, por favor, fagàmolo cumprir!", conclúen.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

música

arte

cine

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos