20112019Mié
Última edición: Mié, 20 Nov 2019 10am

FITUR

Vigo lanza a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade

O Concello presentará un vídeo en Fitur e organiza un concerto no Auditorio Mar de Vigo

19 Enero 2015 por
Valora este artículo
(2 votos)
Praia de Rodas, a mellor do mundo. / Foto: A.G. Praia de Rodas, a mellor do mundo. / Foto: A.G.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns que viaxará a Fitur a próxima semana para promocionar as Illas Cíes como destino turístico, nunha campaña ligada á cidade de Vigo e á candidatura como Patrimonio da Humanidade. Esta promoción continuará o 20 de febreiro cun espectáculo musical no Auditorio Mar de Vigo.

Caballero estará na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) para presentar a campaña de promoción das Cíes no stand de Galicia. Tal e como explicou en declaracións aos medios, o próximo venres 30 de xaneiro membros do goberno local, encabezados polo rexedor, promocionarán Vigo acompañados dunha representación de axentes sociais como axencias de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación. Segundo detallou, exhibirase un vídeo, ademais de repartir folletos sobre o arquipélago, o segundo destino turítico máis importante de Galicia e un dos mellores a nivel de todo o país, engadiu.

Esta promoción continuará, segundo explicou, cun espectáculo musical previsto o 20 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo no que actuarán a Coral Casablanca, a Orquesta 430 e Sonseseu.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

  • O Nadal de Vigo viaxará en bus por España
    O Nadal de Vigo viaxará en bus por España O Nadal de Vigo viaxará en autobús por España. Vitrasa promocionará as festas en varios buses urbanos e metropolitanos de nove cidades do territorio nacional. En concreto, trátase de Madrid (2 autocares), Sevilla (2), Valencia (2), Córdoba (1), San Sebastián…
    Leer más...

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos