23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10pm

1.500 árbores para reforestar en Vigo as “zonas cero” dos lumes de 2017

A actuación estenderase a parques forestais e contornas de Comesaña, Matamá, Coruxo, Zamáns e Valadares

31 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Monte queimado en outubro de 2017. / Foto: VIGOÉ Monte queimado en outubro de 2017. / Foto: VIGOÉ

O Concello de Vigo levará a cabo nas vindeiras semanas varias actuacións encamiñadas á reforestacións de zonas queimadas polos incendios forestais de outubro de 2017. O alcalde avanzou que xa está en fase de tramitación a redacción do proxecto definitivo para construír o Anel Verde.

"Queremos unha zona verde arborada para a defensa contra o lume e que á vez sirva como gran paseo polos montes da cidade", sinalou Abel Caballero na súa comparecencia ante os medios de comunicación, durante a cal adiantou un novo avance na construción do Anel Verde.

O rexedor indicou que de xeito inmediato vanse plantar 1.500 árbores (castiñeiras e carballos) en parques forestais e contornas de Comesaña, Matamá, Coruxo, Zamáns e Valadares, "zonas cero" dos lumes de 2017. Ademais, tamén haberá novas plantacións con distintas especies de grande porte en Comesaña e oliveiras na contorna dos adros das igrexas de Valadares e San Andrés.

Caballero explicou que todos os traballos estarán apoiados por traballadores do Plan de Emprego do Concello de Vigo, uns 20 operarios contratados que xa realizan labores nos montes da cidade. "Estamos a falar de realidade, xa estamos a desenrolar o Anel Verde da cidade", dixo o alcalde.

Actualmente está acabado o proxecto básico para o Anel Verde e xa estamos tramitando o expediente para a contratación da redacción do proxecto definitivo, que conta cun orzamento de 380.000 euros. O orzamento do Anel Verde chega ata os 7,5 millóns.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos