20032019Mié
Última edición: Mar, 19 Mar 2019 10pm

Marea de Vigo pide reformular as praias para cans tras o “fracaso” do pasado verán

A formación reclama ampliar a declaración de Espazo Natural de Interese Municipal a toda a desembocadura do Lagares

09 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cans na praia da Calzoa. / Foto: Arquivo Cans na praia da Calzoa. / Foto: Arquivo

O grupo municipal da Marea de Vigo reclamou este mercores á Concellería de Medio Ambiente que desenvolva desde un inicio o proxecto de zonas de esparexemento canino tras o “fracaso” do ano pasado, tanto en materia de benestar animal como medioambiental, e mesmo nos aspectos relacionados coa convivencia e o coidado do entorno.

A concelleira Marga López Barreiro argumentou que, precisamente polo impacto que tivo o verán pasado, é “unha necesidade” reformular os lugares escollidos como praias para cans.

Tal e como lembra, diversas asociacións ecoloxistas o cualificaron como “desastre ambiental” a elección de Foz e A Calzoa como areais dados os datos expresados no último censo de aves, realizado pola asociación ecoloxista Fontaíña. Nel reflíctese que baixou “considerablemente” a presenza de especies que empregaban esta zona como descanso migratorio.

Ademais, desde o punto de vista da mellora das políticas de benestar animal e a óptima convivencia entre a veciñanza da zona e as persoas que visitan as praias, os conflitos xerados no pasado verán son “máis que suficientes” para xustificar un novo proxecto.

López Barreiro tamén recorda que, desde que se iniciara en 2008 por parte do Concello de Vigo a solicitude para declarar Espazo Natural de Interese Municipal (ENIL) a desembocadura do Lagares, se teñen tomado decisións que alteraron substancialmente o propio espazo, ademais de que se levaron a cabo cambios nas leis ambientais e no seu trámite que favorecen que sexa oportuno reconsiderar o ENIL e amplialo máis aló da divisoria entre a Praia do Vao e Fontaíña.

“Existe unha clara continuidade do complexo dunar, non só nos elementos orográficos senón tamén nas tipoloxías de especies animais e vexetais que xustifican esta ampliación”, matiza Marga L. Barreiro.

Alegación
O documento en exposición pública na Xunta, prosegue a formación, non recolle a necesidade de incluír as praias da Fontaíña e A Calzoa e o tramo final da desembocadura do Lagares, espazos cunha alta biodiversidade de aves que empregan esta zona como zona de descanso no caso das migratorias e mesmo de cría, limitándose ao complexo dunar e areal do Vao-Baluarte.

Por iso, Marea de Vigo preparará unha alegación ao plan, actualmente en tramitación por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta alegación vén motivada pola necesidade de “rexenerar e valorizar a escasa zona húmida que queda da Xunqueira do Lagares de darlle contido unitario a un ecosistema costeiro e dunar único”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

A tua compañía de auga en Vigo

barrio do cura

vigo

sanidad

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos